BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 18 de abril de 2019

ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. ELISABETTA SIRANI (PARTE II)



Alegoría da Pintura.

 Esta nova Alegoría da Pintura, pois a artista xa fixera varios autorretratos,dous deles como alegoría, a vincula ao mesmo tema de Artemisia Gentilleschi, e reflicte o xeito en que moitas destas mulleres artistas defenderon o seu  traballo e a súa posición como mulleres artistas na sociedade do momento, que no caso da Sirani está moi claro, pois como curiosidade temos que sinalar que tamén autorretratouse como santa.



Autorretrato como santa.1658


Autorretrato pintando. 1660


 Mais quizaís un dos rasgos máis salientables desta artista barroca, é que a Sirani, presenta similitude nos temas con outra gran artista do barroco, Artemisia Gentilleschi, en canto á representación de mulleres fortes da historia, ou a de santas, MUSAS e máis as alegorías. De feito a Sirani participa do interese das artistas barrocas polo tema da muller heróica, que transmite virtude, neste sentido pode equipararse á traxectoria de Artemisia, as dúas pintaron: varias Judith e Marías Magdalenas.


Judith coa cabeza de Holofernes.1659



Judith. 1662


Judith e Holofernes.1665.


Magdalena. 1660


Magdalena penitente. 1660


 María Magdalena

 Se Artemisia pintou tamén unha Santa Catalina, varias Cleopatras e Lucrecias, a Sirani, pintou unha Timoclea (1659) como desafiante heroína e unha Porcia. Esta Porcia, baseada nunha historia da Roma antiga, presenta a unha muller no momento de ferirse cunha daga para amosar que é virtuosa e digna de confianza, que a separa das demais mulleres. Esta diferencia está presente no cadro debido á composición: mentres outras mulleres ao fondo están falando e realizando labouras “femininas”, Porcia amosa a súa virtude cun acto individual de carraxe.


Timoclea. 1659


Porcia. 1664

 Estes temas (asemade da implicación persoal no tema das agresións sexuais no caso de Artemisia) forman parte dun “Corpus” que sirve para que observemos según Chadwick, “A relación entre a política cara ao público e o privado, a miudo con tintes sexuais”.

 De feito, as imaxes de mulleres heroínas, en relación coa moralidade da contrarreforma e en relación ao gusto polo drama barroco, sustitúen o ideal feminino do século anterior, maís pasivo e constrúen heroínas que trascenden a norma feminina amosándose capaces de conductas morais que atinxen neses tempos aos homes, e que lles era negada ás mulleres. Por iso, se distinguen das demais mulleres en canto a súa actuación na esfera pública, como no caso de Artemisia, ou no tema de Judith, que repiten entre outras Fede Galizia, pero con menos forza que Artemisia, pois seguen os convencionalismos do rerato refinado da muller e a mensaxe moral, ou a de a Sirani, tamén máis perto do refinamento boloñés.


Cleopatra.1662


Musa. 1662

 Finalmente sinalar que a Sirani creou unha  academia de pintoras en Bolonia en 1652, e ensinaba a rapazas que non eran fillas de artistas e as súas irmás, mentres que Artemisia obtén un papel como artista, novo ante o público cunha producción artística ininterrompida.


Ortensia Leoni como Santa Dorotea. 1661



Retrato de Beatrice Cenci. 1662

Máis información da artista na rede:


Outras obras da Sirani:
ELISABETTA SIRANI on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/p4qg0a" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

No hay comentarios:

Publicar un comentario