BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 18 de abril de 2019

ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. ELISABETTA SIRANI (PARTE I)


Autorretrato como alegoría da Pintura. 1658

 Elisabetta Sirani, é unha importante herdeira do esforzo das artistas do século XVI por achar un lugar no mundo masculino das artes, pois, filla de artista, acadou un temprano éxito, que rematou coa súa morte aos 27 anos. Pintora italiana do Barroco e unha das últimas representares da gran escola boloñesa do século XVII, e tamén foi unha das primeiras mulleres que alcanzou fama internacional, que só a truncou a súa prematura morte aos 27 anos de idade. 
 Naceu en Bolonia en 1638 e faleceu en agosto do 1665 igualmente en Bolonia, filla de Giovanni Andrea Sirani principal axudante de Guido Reni.  Como o resto das artistas da súa época, por ser muller non puido formarse na pintura adecuadamente, impedindo as normas o dereito da muller a acceder as academias, así que non a quedo outra que formarse no taller do seu pai.   Elisabetta iniciouse na pintura ao redor de 1650 co apoio do conde Carlo Cesar Malvasia, que posteriormente seria o seu biógrafo e o seu crítico, por certo moi influínte.
         Con 19 anos fíxose pintora profesional chegando a xestionar o taller da familia, unha das súas primeiras obras foi "San Xerónimo no deserto" que actualmente se exhibe na Pinacoteca Nazionale de Bolonia.


San Xerónimo no deserto. 1459 


Liberdade. 1657 


Sagrada familia. 1662


 Virxe co neno. 1663

 De feito, cando o seu pai quedou inválido, veuse obrigada a manter á súa familia coa súa arte, polo que tivo que traballar con singular rapidez sendo moi prolifera na creación de obras, sobre todo en pinturas relixiosas da Virxe co neno e a Sacra familia. Producíaas con incrible aceleración conseguindo moi bos acabados e pronto alcanzou renome en Europa coa súa obra, de forma que o seu taller era moi visitado por coleccionistas e curiosos chegados desde moi lonxe entre os que cabe destacar como cliente ao Gran Duque Cosme III de Médici.


A Xustiza, a Caridade e a Prudencia. 1664


Berenice en Exipto. 1664

 A súa morte repentina virou ao redor da controversia, pois unha criada foi acusada de habela envelenado aínda que despois saíu absolta no xuízo; pareceser que tras practicala a autopsia descubriron que tiña varias úlceras no estómago.
Igualmente hai que resaltar que aínda que a súa morte foi prematura deixou un legado bastante amplo en canto a cadros que foron douscentos e debuxos, con todo a xente experta  apunta que para esta produción de pinturas en tan pouco tempo tivo que ter axudantes, non esquezamos que as súas irmás Barbara e Anna María eran tamén pintoras e que tivo a mais de doce mulleres como discípulas, chegando todas a exercer profesionalmente.  Aínda así para acalar rumores sobre o tema, pois a súa rapidez non era aceptada, Elisabetta fixo demostracións públicas para probar a autenticidade das súas obras e que era ela as que as pintaba. Algo incríble, que dende logo ninguén pediu a outros artistas prolíficos.
 Na súa obra destaca a sutileza do seu estilo e a elegante pincelada. Nalgúns cadros, como o de Ana Maria Ramuzi, a retratada presenta gran concentración da pincelada, toques vermellos e azuis iluminan o esquema xeral do resto das cores, que realzan a figura frente ao fondo.


Retrato de Anna María Ranuzi como A Caridade. 1665


San Xoan de neno. 1665








No hay comentarios:

Publicar un comentario