BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 15 de marzo de 2016

TRABALLOS NA AULA: O alumnado de primeiro curso e o pastel (Parte II)

   GIORGIO MORANDI



Natureza morta. Óleo sobre lenzo. 1957

 Como traballo final da técnica de pastel o alumnado de primeiro  curso, estudou a obra de Giorgio Morandi, artista italiano da primeira mitade do século XX, quen na súa primeira etapa seguiu aos  futuristas e ao movemento Novecento italiano, tras establecer contacto con Boccioni e Carrà, participando na exposición futurista celebrada no  Pazo Baglioni de Bolonia, e na mostra Libera Futurista de Roma. Influenciado nun principio por Giorgio de Chirico pouco a pouco ou seu estilo foi definíndose e independizándose del para realizar unha obra que ten como parte esencial da súa iconografía os utensilios da vida cotiá: vasos, botellas ou caixas. Ditos obxectos, colocados sobre unha mesa, se convertiron nos protagonistas dos seus cuadros, amosando a súa admiración por Cézanne na elección de sinxelos bodegóns  como medio de expresión da súa pintura.

 O alumnado tras visionar e estudar a obra de Morandi, realizou bodegóns baseados no seu estilo, pero empregando a técnica do pastel, no que tivo en conta: como colocaba os obxectos sobre a mesa, os distintos tipos de composicións empregadas polo artista, o seu xogo de sombras (potentes ou falsas), o emprego de gamas moi reducidas co predominio dos grises, as perspectivas falsas que as veces comprimen os obxectos no espazo e a fusión de obxectos.


Esquema explicativo sobre as características do artista

PEZAS REALIZADAS POLO ALUMNADO



















No hay comentarios:

Publicar un comentario