BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 13 de marzo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: KAY SAGE (PARTE II)



Kay Sage

 A obra de Sage posúe unha forza que impresiona, e son os cadros máis abstractos dentro do surrealismo que adoptou a figuración simbólica como clave da linguaxe do insconcente, porén cunha predilección polas formras afiladas e espinosas, áreas pizarrosas e unha luz que dalle as súas paisaxes un aire de valeiro e abandono en verdade impactante, superficies nas que a figura humana desaparece as veces para deixar paso a teas que se retorcen e arquitecturas imposibles.


Este é outro día. 1949


Mañana Señor Silber. 1949


Pequeno retrato. 1950


Home traballando. 1951


Xoves inusual. 1951

Según Mónica Ceño, no catálogo de AMAZONAS del Arte Nuevo: “Lo que realmente protagoniza la pintura de Kay Sage es el silencio, la quietud, la calma que precede a la tormenta y que, llevada al extremo, acaba resultando siermpe  inquietante. Desde otro punto de vista, fue pintado en 1944. Sage siempre retendría en su memoria un viaje que hizo a los nueve años con su madre a Egipto, donde la imponente quietud de las pirámides se le reveló en toda su magnitud. La otra experiencia que la marcó fue su estancia en san Fancisco en 1908, tras el terremoto que asoló la ciudad. Ruinas, fragmenttos, piezas rotas de lo que fue, quedaron grabados en su retina para después aparecer en su pintura. Impregnada de poética y desolación, su obra refleja un mundo que Sage consideraba inhóspito…


Ao contrario. 1952


Guión. 1954


Non pasar.1954


O paxaro na porta. 1955


Tomorrow is never. 1955

 De feito, a súa  obra meticulosa, lenta e perfeccionista no trazo da súa pintura, presenta nos seus andamiaxes, as súas cores: azul e gris, unha sorte de tristura, son as cores do silenzo, da quietude, dun mundo invadido de valeiro e abandono. “El pasaje” tras a muerte de Tanguy, en 1955, cun autorretrato ante un futuro incerto e desolado, é coma unha premonición do silenzo futuro da súa morte.


A pasaxe. 1955

 Cando Tanguy faleceu en 1955, Sage quedou profundamente afectada. Cada vez pintaba menos obras. Aínda que a relación que tiveron ambos foi brutal ás veces, para ela, Tanguy era o único que a comprendía e por iso cando o pintor morre dun infarto ela queda afundida e devastada, recluíndose na súa casa, deprimida. Ao mesmo tempo ten problemas coa súa vista o que a obrigou a operarse varias veces. Deixou de pintar pero, a cambio, realizou o catálogo razoado da obra do que fose o seu marido e escribiu poesía. Publicó cuatro volúmenes de poesía que reflicten a súa negativa visión do mundo. En 1956 diagnosticaronlle cataratas e dous anos máis tarde deixou de pintar. Algúns falan da importancia de Tanguy na vida de Sage, e de como a súa amorte afastouna da pintura, maís iso non é certo, pois no ano 1961, aínda que cunha visión moi mermada, a artista fai unha exposición na galería “Viviando” de Nova York, no que presenta diversas construccións tridimensionais feitas con arame, pedras e balas, xunto cun libro de poesías “Your move”.  Tivo un primeiro intento de suicidio errado en 1959. O seu segundo intento conseguiuno o 8 de xaneiro de 1963, tres días despois do aniversario de Tanguy (o 5 de xaneiro). Tiña 64 anos. As súas cinzas foron esparcidas na costa de Bretaña, xunto coas do seu marido. Quizais inevitablemente, os críticos han ter a tendencia de situar as pinturas de Sage á sombra das do seu marido Yves Tanguy. Porén, iso non é totalmente certo, pois as formas ovales, xeométricas, paisaxes desertas e formas humanas envoltas en teas drapeadas, composicións resoltas en liñas diagonais, son dunha orixinalidade real, e os ingredientes moi pouco coñecida e da que apenas hai información aínda que, actualmente, está obtendo o seu merecido recoñecemento.


Variación constante. 1958


A resposta é non. 1958


Mirando o reloxo. 1958

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001

Sage na rede:





No hay comentarios:

Publicar un comentario