BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 17 de enero de 2016

MULLERES SURREALISTAS: REMEDIOS VARO


 Nacida en España no ano 1908, na súa obra aparecen inclinacións ata a maxia e  a busca da armonía coa natureza.
 Dende moi nova amosa interese pola pintura, polo que ingresa a idade de 15 anos na Academia de San Fernando en Madrid, tras recibir ensinanza de debuxo técnico de mans do seu pai, quen tamén a levaba a visitar museos. De ahí a importancia da autobiografía na súa obra, polo que é moi importante explorar a relación entre a súa vida e a súa proposta estética, como amosa o paso polo colexio onde estudou en Madrid, de estrictas normas, que será o xermen de varios cadros que pinta con posterioridade en México, como Hacia la torre (1961) ou A fuxida (1962).


A mensaxe. Collage sobre cartón. 1935


As almas dos montes. Óleo sobre triplay. 1938


A gruta máxica. Gouache e tinta sobre papel.1942


Angustia. Gouache sobre cartulina. 1947

 Tras rematar os seus estudos casa con Gerardo Lizárraga, con quen viaxa a París, Francia, onde residirá  un ano, para votar a Barcelona en 1932, onde traballa como debuxante publicitario xunto ao seu home, de quen se separa en 1935. Será Esteban Francés, quen a introduce no círculo surrealista de André Breton,  o que a leva a realizar diversos cadáveres exquisitos a base de collages en colaboración con Óscar Domínguez, Esteban Francés e Marcel Jean. Aínda que en relación co movemiento surrealista, intégrase no grupo Logicofobista, que pretendía representar os estados mentais internos da alma, empregando formas suxerentes de tales estados. Durante a súa colaboración con este grupo, Remedios Varo pinta L’Agent Double, obra que anticipa o seu estilo posterior. E aínda que non forma parte oficilamente do grupo surrealista, Remedios asistiu as súas reunións e expón en varias exposicións internacionais co grupo e participa nas súas publicacións como “Minotauro”, “La Bréche” ou “Surrealismo”.


Insomnio. Gouache sobre cartulina. 1947


Alegoría do inverno. 1948


Valle da lúa. 1950


Xardín do amor. 1951


Ciencia inútil ou O alquimista. 1955

 Durante a guerra civil española, Remedios Varo milita no bando republicano, onde debido a o seu traballo antifascista, coñece ao poeta Benjamin Péret, do que namorase e con quen viaxa de novo a París, onde reside ata a invasión nazi, ata que exíliase a México xunto co poeta onde grazas á política do presidente Lázaro Cárdenas de acollida de refuxiados políticos, son rápidamente autorizados a desenvolver  a súa actividade laboral.
 En 1947 Remedios sepárase de Benjamin Péret, e viaxa ata Venezuela, como integrante dunha expedición científica do Instituto Francés de América Latina. Estando en Venezuela, ademais do seu traballo como ilustradora entomológica, a pintora puido continuar enviando cartaces publicitarios para Bayer mentres traballa para o instituto de malariología venezolano.


O flautista.1955


As follas mortas. 1956


Caza nocturna. 1958


A despedida. Óleso sobre tea. 1958


Visita inesperada. Óleo sobre masonite. 1958


O visitante. Óleo sobre cartulina. 1959



Exploración das fontes do Orinoco. Óleo sobre tea. 1959

 No ano 1949 retorna a México, onde contina coa súa laboura de ilustradora publicitaria, ata que casa co político austríaco Walter Gruen, quen a convence para que se consagre totalmente á pintura. Será en México, na Galería Diana onde presente por primeira vez os seus traballos no ano 1955, cidade no que o ano seguinte presenta a súa primeira individual.
 Nesta cidade establece lazos de amizade con moitas artistas e pintores, sobre todo Leonora Carrington, a quen unía a súa estética surrealista, e que comparte con Remedios a investigación en temas como a alquimia, a maxia, o poder creador da muller e a súa relación coa natureza, o que leva a ambas a participar do mesmo universo tanto desde o punto de vista formal como iconográfico.

Ata a torre. 1960


Ascensión al monte. Óleo. 1960


Mimetismo. Óleo sobre masonite. 1960

 Tras a súa segunda exposición, en 1956, declárase independente do movemento surrealista e das súas teorías, abondando nun universo pictórico habitado por mulleres, triangulares e con grandes ollos almendrados e misteriosos, de nariz afilada e cunha grande melena. Son obras nas que crea un mundo propio, con personaxes algo andróxinos, baseados na estilización das súas propias facciones, que sírvenlle para expresar a realidade da experiencia feminina,  a partir de lugares case máxicos onde se desenvolven tarefas asignadas as mulleres: bordando, cocinando ou criando, pero como lugar onde pódense levar a cabo descubrimentos superiores e creaciones máxicas. Ao mesmo tempo transforma tipoloxías eminentemente masculinas como o Minotauro, e dalles forma feminina, pinta Ulises femininas e un Pan en forma de ninfa dos bosques, o que da lugar á feminización do mito, en pinturas onde o rigor da aprendizaxe académico europeo combínase cunha imaxinación chea de fantasía e cun eixe temático que explorará durante toda a súa traxectoria artística.


Bordando o manto terreste. 1961


A chamada. Óleo sobre masonite. 1961


Banqueros en acción. Óleo sobre masonite. 1962


Fenómeno . Óleo sobre masonite. 1962


Natureza morta  resucitando. Óleo sobre tea. 1963

 Tamén é moi importante salientar as variadas técnicas que Varo emprega durante toda a súa traxectoria: óleo, collage ou gouache traballadas en distintos soportes. De feito, Varo, como outras artistas surrealistas ou que estiveron nalgún momento identificadas con esta tendencia, achegouse a identificación da muller coa natureza creativa, a través dunha mente analítica e actitude irónica, adquiriu coñecementos teóricos e prácticos, e traballou meticulosamente, construindo superficies tensas mediante pinceladas cuidadosamente moduladas.

 Remedios Varo, faleceu dun paro cardíaco o 8 de octubre de 1963 na  Cidade de México.

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001


Remedios Varo na rede:


REMEDIOS VARO on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario