BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 5 de octubre de 2015

OS PIGMENTOS: Cómo consíguense os distintos pigmentos a partir dos materiais empregados (Parte II)

 CORES CÁLIDAS (Continuación)

 AMARELOS E LARANXAS

 No renacemento escomezan a popularizarse os amarelos e laranxas. Obténse ao expoñer o chumbo e o antimonio a altas temperaturas.

Son  tóxicos, sobre todo o laranxa realgar, que contiña sulfuro de arsénico.


 Os amarelos e laranxas empregáronse en Exipto e Mesopotamia, e aínda que perigoso, artistas como Tiziano e os seus contemporáneos, así como Van Dick (gran admirador do veneciano), os pintores de flores en Holanda e a pintora barroca Artemisia Gentilleschi o empregaron regularmente.


 Lady Elizabeth Timbelby e a súa irmá. Van Dick.1637


Judith decapitando a Holofernes. Artemisia Gentilleschi. 1620


Flor amarela. Georgia O´Keeffe. 1923


Emprego do laranxa, nestas calas de Georgia O´Keeffe.1925

O ocre, que obtense xeralmente das terras, emprégase desde a prehistoria, é non é tóxico.



Pintura parietal prehistórica co emprego de ocre escuro.

 O amarelo de cromo era elaborado en base a cromato de plomo, pigmento de cor intenso que ofrece variacións desde ton claros ata achegarse case ao  laranxa. Foi empregado na pintura ao temple e óleo ata mediados do século XIX, e foi unha das cores que Vincent Van Gogh prefería para pintar. A alta toxicidade do amarelo de cromo, así como á súa pouca estabilidade ante a luz, fixo que cada vez se empregase menos. Na actualidade está prohibido.


Corona Imperial de Fritillaries nun Vaso. Vincent Van Gogh. 1887

O amarelo de cadmio foi creado en 1840 e empregouse como como sustituto do amarelo de cromo. Está documentado na paleta de Claude Monet e Paul Signac. A súa variedade tonal é ampla: desde o amarelo verdoso ata coloracións laranxadas. A súa denominación indica o valor tonal: amarelo de cadmio claro, de cadmio limón, de cadmio medio ou de cadmio escuro. Empréganse pigmentos de cadmio para obter  laranxas  e vermello.



Impresión, Sol naciente. Monet. 1872

O amarelo indio, parece que elaborábase dos ouriños das vacas indias. Hoxe hai alternativas sintéticas dun color idéntico ao seu homólogo natural (amarelo dourado e moi transparente).


O amarelo indio na  "Leiteira" de Vermeer. 1658


O SEPIA

A tinta natural da sepia, obténse do molusco (debido ao seu mal cheiro parece provenir da palabra grega sèpein, que significa apodrecido), e se obtiña deixando secar as bolsas de tinta ou  exprimindo a tinta do molusco vivo e deixándola secar. Para a súa elaboración posterior en tintas ou pinturas, o material seco se molía ata obter un po que se disolvía en auga con, por exemplo, amoniaco. Para mellorar o seu adherencia, á disolución, engadíaselle un aglutinante, como poden ser a goma arábiga ou a goma laca. Unha desventaxa desta sepia era a súa cor negra. No entanto, a principios do século XIX, descubriuse unha forma de extraer a sustancia que lle proporcionaba a cor á tinta, con axuda de hidróxido de potasio e acedo clorhídrico. O resultado foi unha cor sen impurezas e, xa que logo, cun maior poder colorante. O problema era que a cor palidecía rápidamente baixo o efecto da luz. Si aplícase en capas grosas, a Sepia orixinal ten unha cor case negra, pero aplicada como tinta líquida ou acuarela diluída, obsérvase o seu belo matiz pardo avermellado.
 Algúns pensaben que Rembrandt traballaba con sepia, pero o que emprega realmente era  o bistro, que non é o mesmo que sepia, senón que é unha sustancia de cor marrón, obtida do hollín que se produce ao queimar cascas de noces ou madeira de haya, e que as veces mixturaba con tinta de agalla, á que, ás veces, engadía algún pigmento como a sombra tostada.
 A razón pola que as bolsas de tinta xa non se usan nas pinturas artísticas é que a Sepia natural palidece baixo o efecto da luz.



Búho voando contra un ceo iluminado pola lua, obra en sepia e lápiz de Friedrich. 1836–37















No hay comentarios:

Publicar un comentario