BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 12 de octubre de 2015

ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA: TRABALLO DE GRUPO (Parte I)

 Como parte do traballo do segundo curso do aula de pintura, o alumnado participou nun traballo teórico sobre a Abstracción xeométrica, que logo presentouse na aula e que deu lugar a moitas consideracións sobre este estilo pictórico que nace nas vangardas do século XX e que con posterioridade foi interpretado por moit@s artistas e que segue en vixencia na actualidade.
 Tras unha primeira presentación miña sobre a importancia deste estilo e tras visionar diferentes artistas, cada alumno e alumna escolleu a diferentes artistas, algúns que foron expostos na clase e outros que foron froito da súa investigación persoal e que foron logo presentados na aula nunha interesante posta en común.


 Esta é unha pequena escolma de todos os traballos e das súas presentacións e aportacións, que pola súa extensión é imposible poñer ao completo.

 Esperanza Martínez Peniza falounos de Piet Mondrian, artista cun estilo inconfundible, que formouse na Academia de Belas Artes de amsterdam, que recibiu influencia do Impresionismo e de Van Gogh nas súas primeiras obras e cun grande interese polas crenzas orintais, que inflúen na súa obra, explicando con moito deteñemento a súa traxectoria como artista e en particular a súa obra “Composición en bermello, negro, azul e amarelo” do ano 1920, do que salientou o emprego das cores primarias e a súa exploración da liña, a cor e a masa.


Composición en bermello, negro, azul e amarelo. 1920


 Juan Loureiro, que escolleu a Mantecón e a Malevich aínda que finalmente faluonos máis dosegundo, fixo un percorrido pola importancia que Cézanne tivo no desenvolvemento da abstracción xeométrica, pois tiña fundamentado a súa arte nas leis xeométricas empregando cilindros, esferas cons e liñas paraleas para proporcionar tensión e liñas verticais para dar profundidade. Elexiu para falarnos deste artista a peza “Suprematismo 471”, de 1915, do que salientou a importancia do ritmo musical nesta peza, asemade da imortancia do emprego da cor plana e das liñas e planos oblicuos.


Suprematismo 471, 1915

Como parte fundamental da abstracción xeométrica, co seu libro “Punto e liña sobre o plano”, e como artista que transitou por varias correntes de principios do século XX, varios alumnos e alumnas acchegáronse a obra de Kandinsky desde distintos puntos de vista:

 Fernando Lorenzo falounos do Kandinsky dos anos 20, que empregou para o traballo un dos moitos libros sobre arte que ten, neste caso do autor ruso, facendo tamén unha traxectoria pola súa obra  e salientou tanto a súa longa traxectoira artística como o a súa peza “Composición VII”, de 1923 da que destacou o emprego de cores puras, das formas elementais e do uso de retículas, así como a importancia da música (atopamos unha  sorte de pentagramas na peza) nesta obra do artista ruso. 


Composición VII. 1923

 Mary Carmen Lucendo, que escolleu tamén  unha obra de Kandinsky do ano 1906, explicounos unha peza que aínda non participa totalmente da abstracción pero que indica a importancia que esta cobrará logo na traxectoria do artista, coa obra “Parella a cabalo”, na que Kandinsky emprega manchas de cor, que destacan como pedras preciosas e representa unha cidade ao bordo da auga, que lembra a súa etapa do Jugendstil en canto a articulación ornamental da composición e na que albiscamos xa a simplificación formal posterior na estilización dos elementos figurativos.


Parella a cabalo. 1906

 Tamén Antonio, quen realizou xa varios estudos a lápiz da obra do artista ruso, falounos de Kandinsky, e da súa obra máis tardía, na que o seu libro “Punto e línea sobre o plano”, é unha referencia fundamental. Na peza “Negro e violeta” do ano 1942, na que salientou as palabras do artista: “El trabajo del pintor es escuchar y conocer estos efectos para producir pinturas que no son sólo el resultado de un proceso al azar, sino el fruto del trabajo auténtico y el resultado de un esfuerzo hacia la belleza interior”.


Negro e Violeta. 1942

 Paco, fíxonos unha semblaza composta de moitas e saborosas anédotas de diversos artistas entre os que figuraron A Goncharova, Van Doesurg, Mondrian, Malevich e Paul Klee, que configuraron o mundo da abstracción xeométrica, e desvelounos a importancia de Kupka, de quen falounos que foi espiritista, e incluso exerceu como medium na súa Chequía natal, e dos  seus intereses teosóficos e naturistas, que era vexetariano, e  que tentou achar un arte espiritual que para el só podía ser abstracto.


Disco de Newton, estudo para fuga en dúas cores. 1911

 Ana Navas, falounos de Hilma af Klint, amosando a importancia desta artista que combinou unha obra realista e figurativa con pezas de abstracción xeométrica no ano 1906, e explicou esta peza, que está en relación coa súa visión do mundo, da importancia do círculo como xerador de formas e do emprego dunhagama cormática rica e ao mesmo tempo moi contida, que está en relación co seu interese polas cosmogonías e pola teoría Teosófica de Steiner, quen tivo tamén relación de amizade con Kandinsky.
 De Hilma fixo tamén un percorrido pola súa obra Julia Martínez Argibay, quen falounos dos lenzos abstractos de inspiración mística, nos que priman a cor e a forma, un segredo que gardou herméticamente, incluso despois de súa muerte en 1944, deixando un legado composto por máis dun milleiro de obras e máis de cento vintecinco cadernos ao  seu sobriño Erick Af Klint, co expreso desexo de que non se amosaran ao público ata transcurridos a lo menos 20 anos. 


Svanen (The Swan) No. 17, Group IX, Series SUW. 1914-15

 As dúas alumnas, que curiosamente escolleron para a súa presentación a mesma peza, coincidiron en que as obras de Hilma podían pertencer á época do POP ART ou do OP-ART  dos años 60 ou 80, e que aínda teñen vixencia na actualidade.


 Alicia Lamas, presentou un power  point cunha soprendente pregunta: Que teñen en común Ecbatana, cidade do Oriente próximo, con Hagamatana II de Frank Stella?, para pasar logo a explicarnos a partir dunha exhaustiva explicación da obra, o emprego dos motivos circulares e curvilíneos, que os espazos se conectan por encadres ou eixes de cor sosteñen a contención e que o emprego de  cores monocromos, liñas delgadas e franxas acompañan aos bordos da xeometría proposta na obra. En debuxos e esquemas foi descompoñendo a obra de Stella que vincula finalmente e cun estudo preciso á obra de Van Gogh “Noite estrelada”.


Hagamatana II. 1967

 María López falounos tamén a partir dun power point, moi extenso de diversos artistas, facendo comparanzas entre a abstracción xeométrica e a lírica, posto que o seu artista escollido Kenneth Noland, transitou por ambas tendencias, e fixo unha relación moi ben documentada entre o Expresionismo Abstracto e os “campos de cor”, a Bauhaus, o minimalismo e a Abstracción Xeométrica, realizando tamén unha taxomonía completa da estética de Noland:
-Círculos Concéntricos o Diana.
-Galones.
-Rombos y largas listas paralelas. 
-Espacios en blanco para enfatizar la forma del color en sus obras.
 Tras exponer varias obras de Noland, fixo tamén un listado de diversos artistas americanos que están adscritos á Abstracción xeométrica, e deixou aberto o tema para seguir no próximo trimestre con outros artistas dos que tamén presentou a súa estética e obra.


Beginning. 1958

 Pepe Nogueiras, presentou un power point sobre Bridget Riley, nacida no sur de Londres en 1931, unha das artistas británicas máis destacadas dentro del Op art, derivación da abstracción xeométrica, onde se lle reconoce como unha das pioneiras neste estilo de ilusións ópticas, destacando desde mediados dos años 60. O maís importante da presentación foi o estudo que o alumno realizou da peza “Brittania” do ano 1961, pois asemade de realizar un percorrido polas distintas etapas da obra da artista, presentou diversos esquemas sobre as posibles  formas matemáticas de realización da obra, incidindo na importancia do emprego dos círculos, da sección áurea, das distintas liñas que conforman a peza, e da monocromía apartir da que Riley realiza unha peza de marcado carácter Op-Art, no que a ciencia e a inspiración danse a mano, e que representa moi ben a obxectividade presente na abstracción xeométrica, e como moi ben explica o alumno: “xenera ilusións ópticas e de movemento con figuras xeométricas, moi técnico e libre de sentimentos, non así de sensacións visuais interpretadas polo observador”.


Brittania. 1961

Para rematar esta primeira parte, poño unha foto que presentounos Pepe Nogueiras, que amosa como na actualidade, a arte xeométrica está presente en todas partes, incluso no chan dunha tenda de discos. 



 Interesante. NON SI?








No hay comentarios:

Publicar un comentario