BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 6 de enero de 2015

O RENACEMENTO: RAFAEL SANZIO (Parte V)


 Outros proxectos (1509-20)


 Un dos máis importantes foi A Galatea, unha das súas principais obras mitolóxicas, aínda que os proxectos no Vaticano ocuparon a maior parte do seu tempo, tivo tamén tempo de pintas algúns retratos, incluíndo os dos seus mecenas, os pápas Xullo II (1512) e León X, o primeiro dos cales é considerado como un dos seus mellores retratos. Outros retratos foron os dos seus amigos, como Castiglione. Algúns gobernantes presionárono con facer os seus respectivos encargos, como a Francisco I de Francia que lle foron enviados dúas pinturas como presente diplomático do papado.



 Para Agostino Chigi, o inmensamente rico tesorero do papa, Rafael pintou A Galatea ou  O triunfo de Galatea, un fresco pintado entre 1510 e 1511 na Villa Farnesina, no barrio de Trastévere de Roma e pintou tamén dúas capelas nas igrexas de Santa Maria della Pace e Santa Maria do Popolo. Deseñou parte da decoración da Vila Madama.



 O triunfo de Galatea. 1510-11

 Un dos encargos papais máis importantes foi a serie dos Cartones de Rafael (actualmente no Vitoria and Albert Museum), unha serie de 10 cartones para tapices, dos cales sobreviviron 7, e que representan escenas das vidas de San Pablo e San Pedro, feitas para a Capela Sixtina. Tamén deseñou e pintou a Loggia do Vaticano, unha galería longa e estreita. Pintou tamén certos retablos importantes, por exemplo o Éxtase de Santa Cecilia e a Madonna Sixtina. A súa última obra, na que estivo traballando ata a morte, foi A Transfiguración, que en compañía do Pasmo de Sicilia   amosa a dirección que tomara a súa arte nas postrimerías da súa vida: un estilo máis proto-barroco que manierista.

Éxtase de Santa Cecilia.1515-16


Madonna Sixtina.1512-13


O pasmo de Sicilia.1515-16


A transfiguración.1516-20


 En canto aos RETRATOS, ao longo da súa vida realizou diversos retratos onde mostrou unha gran medida de graza e harmonía, exemplo disto foi o de Baltasar de Castiglione. As Madonne e os bambinicheos de beleza e elegancia foron un tema recurrente tanto nos seus retratos como nas súas pinturas. Na "Última Cea" deu un gran protagonismo á figura dos apóstolos.
 De igual xeito realizou retratos de grandes personaxes como: o Cardenal Bibbiena (c. 1516), o Retrato de Andrea Navagero e Agostino Beazzano (c. 1516), Retrato de Bindo Altovitti (c. 1514), Retrato de Tommaso Inghirami (1515-1516), Retrato de cardenal (1510-1511), Retrato de Xullo II (1511-1512) e Retrato do cardeal Alessandro Farnese (1509-1511).


Alessandro Farnese.1509-11


Francisco María della Rovere.1514


Cardenal Bibbiena (1515-16)


Doble retrato. 1516


Bindo Altovitti. 1516-18






 



No hay comentarios:

Publicar un comentario