BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 6 de enero de 2015

A ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA e a TÉCNICA DO ACRÍLICO

 No primeiro trimestre deste curso 2014-2015, o grupo de iniciación I da aula de Pintura, traballa e desenvolve a técnica do acrílico.




 Adoita chamarse acrílico a calquera pintura onde o pigmento estea combinado cunha resina sintética, de todas as maneiras os artistas empregan o término independientemente de si a resina é realmente acrílica ou non. O desenvolvemento da pintura con acrílico como un medio artístico tivo lugar nos anos 20, para ese entón un grupo de pintores mexicanos, en especial José Clemente Orozco, Diego Rivera e David Alfaro Sequeiros desexaban pintar grandes murales para edificios públicos, moitos destes muros estaban ao aire libre. 




 A sustancia e corpo das cores son máis semellantes aos da acuarela, gouache ou temple e teñen unha luminosidad e unha delicadeza que invita a diluílos, ben con auga, ben cun medio acrílico.
 Os acrílicos préstanse á combinación de cores, aplicados por separado un sobre o outro, e isto permite aproveitar a base sobre a que se aplica a pintura. Un lenzo branco pode brillar a través dunha capa de vermello de Venecia, por exemplo, dándolle unhas calidades que nunca poderían obterse pintando encima con branco. Neste aspecto, os acrílicos son moi similares ás acuarelas. Un dos seus principais méritos é a capacidade de facerse transparentes cando se mesturan con auga ou con medio acrílico.




 Con acrílico poden ser igualados, e aínda superados, os resultados das técnicas clásicas, posto que se obteñen as mesmas transparencias que en acuarela, as opacidades do gouache e o temple, así como as calidades de consistencia densa e extra-densa do óleo para as técnicas con pincel e espátula.
 Secan rápidamente polo que permiten superposiciones nun tempo mínimo e non se cuartean, nin se volven amarelos ou obscuros como aqueles en que interveñen aceites.



 Con eles pódese pintar sobre soportes de cartón, papel, madeira, lenzo, metal, cristal. Con ou sen preparación previa, e non é necesario vernizar aínda que si así se desexa, poderase levar a cabo este terminado co médium acrílico, mate ou brillante.




 Entre as súas características destaca especialmente a rapidez do secado e o seu acabado mate (menos medio acrílico) ou brillante (máis medio). Ofrece outras vantaxes como engadir máis pintura a unha superficie xa pintada (ata con outra técnica), é moi estable e resistente á oxidación, sendo a técnica que menos problemas ten de face á súa conservación. Pódese traballar sobre calquera soporte absorbente, directamente ou como imprimación nun medio acrílico con branco de titanio. Permite empastes de maior resistencia que o óleo.




 No primeiro trimestre, tras abondar nas distintos procedementos e materiais na práctica e teóricamente, escomenzamos a traballar coas cores planas no estudo de obras en ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA. Esta posúe entre as características máis importantes a particularidade de ser:
-Obxectiva e universal.
-Planificación da obra sobre principios racionais, previa á creación.
-Prohibe a expresividade dos elementos visuales, defendendo o uso dos elementos neutrales, normalmente geométricos.
-Elimina a capacidade sensitiva e expresiva dos materiais, defende unha factura impersonal.
-Composición sistemática e lógicamente estructural.
-Claridade, precisión e obxectividade.
 Para acadar esta precisión, é moi importante o emprego de cinta de carrocero para que as cores non se mixturen no lenzo, e as cores sexan planas como pódese apreciar nesta peza de Marisa.






 Neste ano, coma sempre, o alumnado realizou diferentes bocetos en pequeño formato para logo, escoller entre todos eles o máis axeitado para levar ao lenzo. Asemade neste ano, escollemos armonías de cores na elaboración dos bocetos, co emprego dunha Gama armónica simple: formada por unha cor dominante, o cal está acompañado por outros tres cores de matiz oposto que forman un conxunto a partir do cal obteremos unha nova coloración.   Así que a fórmula é sempre así: elíxese unha cor dominante dentro da roda de cores, e a partir del elíxense as cores situadas en 4º, 5º e 6º lugar, o que dentro dunha roda de 12 cores equivale a dicir: elíxese unha cor, a súa complementario e as dúas cores anteriores a este último.



 Neste exemplo, a cor domiñante sería o azul primario que unido ao seu complementario o laranxa, e ao amarelo e o bermello, formaría unha gama coma a que vemos nesta peza de María Rivilla.



 O proceso de traballo a seguir enténdese moi ben a partir da proposta de Claudio, os primeiros bocetos en branco e negro dan paso a bocetos no mesmo formato en papel para pasar logo ao lenzo, no que se respeta a gama cromática elexida e da que poden apreciarse as distintas fases da creación da peza.







  Estes son algúns dos resultados.




ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA EN ACRÍLICO on PhotoPeach

1 comentario:

  1. Cuánto trabajiño, pero que buenos resultados.
    ¡Enhorabuena a todos los compañeros!

    ResponderEliminar