BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 29 de junio de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte VI)

Como exemplo do emprego da técnica do pastel en Paula Rego, amoso aquí varias obras que atópanse na actualidade no Museo MACUF de A Coruña, e que tiven a sorte de contemplar in situ.




 
Tríptico "Vanitas". 2006. Pastel sobre papel
 
 
Detalle do vestido
 
 A técnica do pastel foi moi empregada no século XVIII en Europa, pero non volveu a recobrar o seu lugar dentro do mundo artístico, ata que impresionistas  como Edgar Degas, postimpresionistas como Toulouse Lautrec ou o nabis Édouard Vuillard, a incorporaron de novo como técnica autónoma.
 
 De ahí a importancia do emprego desta técnica por Paula Rego, pois a producción artística de Rego  enraizada en experiencias e lembranzas persoais, en siniestras fantasías, na historia da arte e na literatura, teñen un nexo en común, que é o magnífico debuxo e a acertada técnica que  escolle para a súa proposta estética. Se ben a artista lusa ten unha nagnífica obra que abrangue desde o debuxo, o gravado (ten unha abondante obra en gravado durante toda a súa traxectoria), o acrílico e o óleo, e quizaís na obra realizada en pastel, onde vese a súa indudábel mestría.
 Rego emprega a tiza de costado de xeito que no marca demasiado o soporte e vai dando capas unha enriba doutra ata acadar a intensidade que busca, sen saturar nin presionar excesivamente, traballa deixando grandes manchas, sobre as que aplica ás veces toques fortes que danlle moita expresividade.
 
 
Rapaza cun feto. 2005.Pastel sobre papel montado en aluminio
 

 
Detalles dos pés
 
 
A vella república. 2005. Pastel sobre papel

 
Detalle da man

 
Detalle dos zapatos
 
 Noutras ocasións traballa co pastel de punta facendo raias e deixando que aparezca baixo a pintura o papel, dun xeito rápido que permite realizar correccións con gran facilidade, en trazos nerviosos e tamén moi expresivos.
 
 
Violación. 2009.Pastel, conté e carboncillo sobre papel

 
A pequena violación. 2009.Pastel, conté e carboncillo sobre papel
 
"Soy una pintora figurativa porque necesito tener una “figura” en el cuadro que estoy creando. Nunca me he sentido atraída por la abstracción. Yo dibujo a gente, me dirijo a la gente. Y cuando esta me falta, las recreo a partir de figuras de papel maché o muñecos de trapo".
 
PAULA REGO 
 
 
 
 
 



 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario