BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 1 de junio de 2014

CHELO MATESANZ no CGAC e a mostra AUGA DOCE no GAIAS


 O xoves 29 de maio un nutrido grupo da aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, realizou unha visita a dous centros de arte de Santiago de Compostela.

 
Peza de Chelo Matesanz
 
 No CGAC, puidemos contemplar a obra da artista Chelo Matesanz titulada “As miñas cousas en observación”, a mostra fotográfica de Paco Rocha “Naturaly Human” e a exposición “27 Negros”, obra coral composta por 27 monocromos negros de 20 x 20cm realizados por 27 autores entre os que se atopaban pezas de Teo Soriano, Din Matamoros, Carlos Maciá, Nuria Fuster e Miran Díez entre outros, nunha antoloxía que é un exercicio de estilo colectivo.
 A exposición de Chelo Matesanz realiza un percorrido por catro escenarios metafóricos en pezas presentadas desde o humor, a repulsión, a dor e a distancia contemplativa, na que a artista aborda resultados que abranguen desde a instalación, a pintura o costura e o collage que falan sempre da arte, desde a súa mirada observadora. Matesanz, con case trinta anos de traxectoria artística intérnase en terreos críticos respecto a súa condición, desde unha perspectiva feminista que reflexiona sobre os criterios polos que se rexen a personalidade e a proxección da muller no sistema artístico, e que bota por terra os mitos do artista xenial e da obra mestra.
 
Peliqueiros. 2006. Pespunto sobre loneta
 
 
Zamarrón. 2007. Pespunto sobre tea

 
S/T. El resiste. 2012. Tea e madeira
 
 
Feridas. 1994. Pespunto sobre tea tramada e algodón

 
Lo que Lee Krasner podría haber hecho pero no hizo.2001. Feltro cosido sobre loneta.

 
Chocolate, molinillo. 2001. Vídeo,  son
 

 No Gaias, visitamos a mostra AUGA DOCE, exposición multidisciplinar que nos invita a contemplar a través da mirada prestada dos artistas. Nela, puidemos ver ao longo de dúas horas e media obras de artistas galegos como Vari Caramés, Din Matamoro, Rubén Ramos (cunha magnífica instalación), Xulio Gil e Xosé Freixanes así como de artistas nacionais e extranxeiros entres os que se atopaban grandes nombres da creación contemporánea como David Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martín Chirino o Chema Madoz e de mestres clásicos da importancia de Piranesi, John Constable, e Kokoschka.
 
Rubén Ramos Balsa. 2013-2014. Estrutura de silla con hipercubo e río con triángulo.

 
O alumnado ante a obra de Xosé Freixanes

 
Ante unha obra de Luis Seoane

 
Foto do alumnado que participó na visita
 
 
 

 

2 comentarios:

  1. Gran día!! Moi productivo... Nas fotos notase que quedamos abraiados ca obra de Xose Freixanes...todos dicindo como fixo a choiva ;) Para repetir!!!

    ResponderEliminar
  2. Si, en verdade todos e todas aprendimos moito.

    ResponderEliminar