BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 6 de marzo de 2014

PERFORMANCE no Entroido na aula de Pintura

Como actividade do Entroido, o alumnado de Pintura decidiu facer dúas performances na que participaron todos os grupos: Iniciación e Perfeccionamento I e II. Tratábase de representar dúas obras: "O enterro do Conde de Orgaz", do pintor grego que traballou en España El Greco e "Bailarinas", do artistas impresionista francés Degas.
  Para representar a obra de El Greco, realizamos un mural en pastel de gran tamaño que representa a parte superior do cadro, pois para a parte inferior na que están os bispos, persoal eclesiástico e as amizades do conde, a profesora e o alumnado disfrazáronse para realizar una performance que foi fotografada polo numeroso alumnado que concorreu a nosa cita. As golas e os traxes dos bispos foron confeccionados durante os dúas días de preparación da performance.
 Déixovos fotografías tanto do proceso como do resultado final.

 
Debuxando directamente na parede

 
Realización das golas

 
Dándolle cor

 
As golas case rematadas

 
O cadro na metade do traballo

 
Probando a tiara do señor bispo

 
Realizando o traxe dun dos clérigos

 
Pintando unha  das casullas

 
Rematando as partes inferiores do cadro

 
Dándolle cor ao centro do cadro

 
Probando as golas

 
O cadro case rematado

 
As bailarinas de Degas

 
Ante a obra rematada coas bailarinas

 
Ante a obra rematada con personaxes do cadro

 
A PERFORMANCE

 
A profesora cos clérigos
 
 
Un dos grupos de Pintura ante a obra

 
Festa rachada!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario