BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 12 de febrero de 2014

ANA MENDIETA (Parte III)

 
A súa acción máis controvertida sobre a violación Rape Scene (1973) desenvólvea na súa casa de Iowa, convidando as súas amizades quen atopan a porta aberta para entrar nunha sala cunha luz dirixida a unha mesa onde se atopa a artista. Esta, está espida de cintura para abaixo, atada, manchada de sangue  e rodeada de pratos rotos.A obra é escenificada dúas veces e fotografada.

 Segundo Ch. Merewether: "Estamos ante unha escena que, en canto a representación, produce unha imaxe de profundo desasosego,unha especie de paroxismo no tempo en que o acto da violacion permanece en certo tempo inalterablemente presente".
 
Rape Scene.1973
 
 En People Looking at Blood (1973) fotografiaba as reaccións da xente que pasaba ao carón dun regueiro de sange que ela mesma fixera saír da porta dunha casa ata a rúa, mentres que en Clinton St: Dead on Street (1973), ela mesma representaba estar morta na rúa.
 Na serie Body Tracks (Rastros corporais) do ano 1974, a obra está conformada por marcas longas e borrosas feitas polas mans e os antebrazos de Ana Mendieta, cando se deslizou por un pedazo grande de papel branco durante unha actuación principal con pulsante música cubana.
 
Body Tracks. 1974
 
 
 
Body Tracks.1974
 
 
 
 



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario