BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 20 de septiembre de 2025

MULLERES ARTISTAS. SÉCULO XX

                                   CINDY SHERMAN


 A arte existe de forma política ou ideolóxica: desde o produto ordinario dos medios de masas ata as máis esotéricas práxis do mun do estético, según Marta Rosler, e isto pode aplicarse perfectamente á obra de Cindy Sherman.

 Nacida en 1954 en Nova Yorke, artista e cineasta, estuda na Universidade Buffalo, artes visuais, e víncúlase incialmente á pintura para definirse posteriormente como artista co emprego da fotografía. As fotos de Sherman revelan a inestable posición dos sexos, abordando cuestionamentos das nocións modernistas de autoría masculina, orixinalidade e autonomía do obxecto artístico que se convertiron en elementos centrais da crítica posmoderna, e desafiando a idea de que poda existir unha sexualidade feminina innata e non mediatizada, polo que pode verse o seu traballo como unha fusión entre pensamento posmodernista e pensamento feminista.


UNTITLED FILM STILL. 1978

 Sherman denuncia a ficción da muller considerada real tras as imáxenes que a cultura occidental ten construído sobre ella, sobre todo para a cultura de masas e os medios publicitarios. Pero facelo, Sherman se autorretrata, aínda que ela non o considera así, pois emprégase a sí mesma para representar unha gran variedade de temas do mundo contemporáneo, como o papel da muller e o papel da artista, prantexando preguntas sobre o papel e a representanción das mullleres na sociedade, nos medios de comunicación e a natureza da creación da arte. Os retratos son ao fin, arquetipos,clichés, imaxes e espexismos.

UNTITLED #15. 1977-80

 A partires de 1978 comeza a situar o seu propio corpo dentro dos convencionalismo das imaxes procedentes das décadas de 1950 e 1960, representando a idea da feminidade como máscara, como representación máis ben do desexo masculino, é dicir, da idea dunha mulller cunha identidade estable e moderada, que é negada por Sherman.

 As fotografías primeiras son nese momento “retratos”, pero que nunca revelan nada da súa personalidade e son máis ben estereotipos, situados fóra da súa persona. De feito ela se miraba a sí mesma como unha actriz posando para as súas secuencias fotográficas, pero que tamén revelan o seu gusto- como ella mesmo ten dito en varias entrevistas- por maquillarse e disfrazarse, como aparecen nas pezas de Fotografías sen título de 1977, nas que aparecen imáxes de mulleres dentro de películas non realizadas, con poses típicas femininas, según a tradición do pratiarcado.



UNTITLED FILM STILL. 1978

 Fotógrafa e actriz, e tamén cineasta, Sherman é ao mesmo tempo o suxeito e o obxecto nos seus traballos, interpretando papeles femininos culturalmente establecidos que eran reproducidos polos diferentes medios de comunicación.              


UNTITLED FILM STILL.1980


       UNTITLED FILM STILL.1980

 Noutros traballos, como Fotografías nº2, sen título, do ano 1977, aparece un aspecto voyeur na súa mirada, ou tamén en Centerfolds, do ano 1981, cun prantexamento distinto:

-Son mulleres reclinadas ou apiñadas dentro do marco de representación.

-Semellan estar ausentes.

-As súas olladas parecen dirixirse a unha distancia indeterminada fóra do campo fotográfico.

-Os seus corpos desbordan os marxes ou desaparecen entre sombras.

-A figura nunca aparece completa.

UNTITLED, 1981

 Posteriormente se sitúa a si mesma dentro da tradición histórica da arte, nas pezas de Retratos históricos, dos anos 90 ou en grotescas situacións nos que o corpo aparece deformado, con prótesis, sustitutivos corporais e ilusións teatrais,e poden ser espantosas e ata grotescas, funcionando a súa imaxe como obxecto de contemplación e as veces de repulsión, en pezas do ano 1992, Fotografías de sexo.


UNTITLED # 216.1989


UNTITLED #205,1989


UNTITLED #199A. 1989

“O rango do ultra feo sempre me ten fascinado. As cousas consideradas non atractivas e indesexables me teñen interesado particularmente. E algunhas me parecen realmente fermosas”.


UNTITLED#179.1987

 Na serie de 1999, recupera a fotografía en branco e negro para crear imaxes de figuras de plástico apaleadas, descuartizadas e recompostas, que caracterizan esa forma de crear imaxes de Sherman na que as fracturas, pero tamén as cambiantes estratexias e direccións, casí como os seus toques paródicos, conforman o seu traballo.

 Nas últimas pezas de Sherman aparecen un certo aire de rebeldía, de enfado, en poses irisorias, pero cun certo toque distante, atopándose nalgún lugar entre a charlatanería dos seus disfraces e a mesma vulnerabilidade dos seus personaxes.


UNTITLED#418.2004


UNTITLED#475.2008


UNTITLED#546.2010

 Se tiveramos que escoller varias claves para entender o traballo de Sherman durante estes anos, deberíamos escoller estas:

-Confronta a fachada fronte á identidade, centrándose na manipulación da súa propia aparencia e un despregamento de material derivado dunha variedade de fontes culturais como o cinema, a publicidade e a moda, a artista sempre cuestionou a maneira na que a feminidade foi representada na cultura pop.

-A artista explora o corpo atopando nel moito máis que o que se observa externamente, entendéndoo como o espello e a forma que adquiren as nosas aspiracións persoais, como a parte visible do desexo humano de perfección. -Como artista e activista feminista, a través das súas fotografías, deu protagonismo ao corpo e á mente feminina, criticou a femineidade patriarcal e mostrou a redirección imaxinaria da muller nunha sociedade gobernada por homes.

-Mestra da caracterización,é famosa polo seu maxistral uso de maquillaxe e confección de disfraces, accesorios e próteses para crear fotografías complexas e ambiguas. Inventa personaxes ficticios interpretados sempre por ela mesma, fotográfase en situacións imaxinarias e habita nun mundo de aparencia pura.

-Os seus traballos poden ser considerados, os precesores dos actuais selfies.

 Se botamos unha ollada na súa última etapa de Instagram, as súas imaxes derivaron nas auto fotos 100% e conservando a súa esencia de constante transformación.


SELFIE DE SHERMAN


 SHERMAN NA REDE

https://vein.es/cindy-sherman-la-fotografa-de-las-mil-caras/

https://historia-arte.com/artistas/cindy-sherman

https://masdearte.com/especiales/cindy-sherman-nunca-se-autorretrato/









jueves, 24 de julio de 2025


 A mostra "VÉRTEBRAS", na asociación Évame Oroza en Vigo, é unha exposición de RUTH LODEIRO, na que as pezas, moi ben articuladas, dialogan co espazo onde están situadas, e que amosan unha obra "sempre inacabada", según a propia artista, que reflicten as súas inquedanzas ao longo do tempo, sempre dende unha estética feminina e feminista.






 Esa "vertebración", esa colocación das obras no espazo, mutan, é dicir, se adaptan e xogan co espazo, pois para a artista nada é estético, nin innamovible. 

 É curioso, como a proposta escénica e artística de Ruth está en relación coa historia-Alexandre Magno, a Idade Media- pois enxerga as súa preocupacións estéticas coa morte (algunhas pezas son como osamentas), co corpo feminino (a idea do corsé que afoga ás mulleres), ou a idea do "Carpe Diem", neste prolegómeno do que podería ser "o fin do mundo", que é a Contemporaneidade.





  Ao mesmo tempo, a proposta da artista que enxerga cerámica, tecidos -fixo Filoloxía, Deseño de Moda e Cerámica, entre outras cousas-,emprega diversas vivencias en relación co mundo da plástica -non podemos esquecer que o seu pai era un artista moi innovador- resulta moi interesante, por como logra a partir de sutís intervencións, habitar un espazo con formatos e obra diferentes, que só teñen en común os seus brancos, vermellos e negros, pero que respiran ese mesmo aire de compromiso coa realidade e o mundo que a rodea, e que "vertebran" un mundo persoal, moi espiritual e contemporáneo.



 Moi interesante, a recomendo.









sábado, 1 de octubre de 2022

MULLERES ARTISTAS.SÉCULO XX

                                               



                     HELENA ALMEIDA




 
TEA ROSA PARA VESTIR, 1968

 Nace en Lisboa no ano 1934, e foi unha adiantada ao seu tempo, como referente tanto no feminismo como pioneira no emprego do seu propio corpo como material de traballo en elaboradas coreografías nas que emprega fotografías do seu corpo realizadas polo seu home, e que nos seus inicios mestura con pigmentos.

                                           

                                              INHABITED DRAWING. 1976


                          PINTURAS HABITADAS, anos 70


TEA HABITADA.1976

 Nacida nun ambente artístico, pois o seu pai era o escultor Leopoldo de Almeida, licénciase en Belas Artes na súa cidade natal, e posteriormente estuda en París grazas a unha beca da Fundación Calouste Gulbenkian, para decantarse case desde o primeiro momento -tras a súa volta a Portugal no ano 1967-polo emprego da fotografía como soporte artístico, en fotografías que semellan autorretratos, pero que ela mesmo nega, cando explica que as fotos que lle fan son en realidade planificacións a partir de bocetos que ella mesma realiza, sendo o seu home, o arquitecto e escultor Artur Rosa, que pulsa o disparador da cámara fotográfica.



PINTURA HABITADA.1977 

 Aínda que a traxectoria de Almeida iníciase coa escultura, durante os anos que traballa como axudante do seu pai, e cos traballos pictóricos nos seus primeiros anos na carreira de Belas Artes, a súa modernidade está xa baseada desde os anos sesenta,-cando comenzaban a desenvolverse tanto o body art como a performance- no emprego da fotografía como un elemento máis, pois nas súas pezas inclúense manipulacións posteriores, ao ser pintadas, engadirlles obxectos trimensionais ou ben acompañalas con grabacións sonoras e vídeos.

 Almeida busca novos camiños para explorar a relación entre o seu propio corpo e o espazo que a arrodea. Nunha das súas primeiras pezas, ESTUDO PARA DOUS ESPAZOS, do ano 1977, amosa as súas mans entre reixas e portas metálicas entreabertas que semellan lugares represivos, ilustrando a situación da muller atada aos tramallos domésticos, ao mesmo tempo que unha resposta ao aillamento artístico que existiu durante a dictadura portuguesa, tanto a nivel político como cultural. Unha das frases que definen o traballo de Almeida, está nunha entrevista: “A miña obra é o meu corpo, o meu corpo é a miña obra”, pois ella redefine o seu traballo a partir da combinación do medio fotográfico, o debuxo e e apintura, xogando co espazo, e tentando eliminar a concepción dimensional de quen contempla as súas obras, e que pode apreciarse tando en TEA ROSA PARA VESTIR, do ano 1969, como en DEBUXO HABITADO, do ano 1975.


OUVE-ME. 1978-1979

OUVE-ME. 1978-1979

 Aínda que a nós pode parecernos un traballo complexo, para ella, según as súas propias palabras nunha entrevista realizada na prensa, con motivo dunha mostra realizada no ano 2015, nunha galería lisboeta: “Tento incorporar o meu corpo á obra. Nesta ocasión hai papel e deseño; noutros traballo hai tea e pintura. É simple”.

 A partires do anos 80 e 90, Almeida, que comenza a ser recoñecida mundialmente na Bienal de Venecia do ano 1982, realiza un cambio no formato, de tamaño máis grande e da escala da figura humana-case de tamaño real- reducindo os seus movementos e a expresión nunha contorna de negros e sombras, como na serie realizada no ano 2018, DENTRO DE MIN. 






 Na serie SEDUCIR, quizais unha das máis interesantes para min, da artista, está realizada nos anos 2001-2002, e nela, Almeida continúa a exploración do seu carácter expresivo e da manifestación física do desexo e a interioridade.

 Para Isabel Tejeda, esta serie autobiográfica xorde en torno á morte da súa irmá. Aínda que parte de crítica indicaba que a serie investigaba a arte da seducción e o atractivo, según palabras da propia artista, xurde polo impacto que lle causou o sufrimento calado da súa irmá, enferma de cancro, pero que sempre mantivo a súa elegancia. Según palabras da propia artista: “Recordo que ás veces sangraba. Mentres falaba con ela, que se mantivo sempre arranxada e perfecta, ela sangraba”. De feito, Almeida aparece de costas, vestida de negro e deixando ver parte das pernas e dos pés, calzados con zapatos de salón, símbolo dunha feminidade estereotipada, mentres un dos pés aparece no chan e o pé espido está tintado de vermello. Estaq mancha é o único punto de cor e serve como puntum, pois dirixe a nosa mirada a ela. O pé, manifesta espido as verdadeiras emocións da personaxe que nese rasteo vermello, fai do seu dor a metáfora da irmá perdida


VOAR.2001


SEDUCIR.2002


SEDUCIR, 2002

 Na serie DESEÑO, son imaxes onde o obxecto, como sempre, é ela, unha Almeida de costas, de negro coma sempre desde os anos sesenta e nun escorzo impactante. Nesta serie aparece tamén o seu home, Artur, traspasando a liña representativa anterior, ao aparecer xunto a Helena atados polos pes. Desta serie Almeida comenta: “Xurdiu. Golpeoume. Tantos anos unida a Artur que queía plasmar esa compaña atando as nosas pernas como nesas probas de yincana nas que ir dun sito a outro atados. Non ten outro sentimento.”




DESEÑO. 2010

 A artista morre no ano 2018, a idade de 84 anos, deixando tras si unha obra que pode verse como o intento de chegar aos límites a partir da fotografía, onde o corpo da artista é ao mesmo tempo unha forma escultórica, un espazo, e ao mesmo tempo suxeito e obxecto, dun contido poético inigualable, na negación de que as súas fotos se convirtan en autorretratos, traspasando os límites da autorrepresentación.




INFORMACIÓN DE HELENA NA REDE:






lunes, 6 de abril de 2020

HISTORIA DA ARTE.EXIPTO. ESCULTURA E PINTURA

 
 ESCULTURA EXIPCIA
 
 A escultura exipcia xorde como representación da imaxe como un elemento de supervivencia. É o medio para fixar a personalidade do deus ou do defunto. Ademais está escultura serve para a celebración de prácticas relixiosas que require o defunto para a súa peregrinación ao outro mundo e a escultura divina para ofrecerlle as ofrendas.
O lugar de localización é fundamentalmente nas tumbas e no sancta sanctorum do templo. Probablemente tamén había nos palacios, pero non como elemento de supervivencia senón simplemente como elemento de ornamentación. A figura do faraón é a que implanta a iconografía, os modelos e as formas en que se fará o resto da escultura.
 Os artistas, non buscaban a beleza nin o movemento, senon captar a esencia de quen representan. Tampouco son naturalistas, seguindo sempre una linguaxe convencional: idealización, hieratismo, formas cúbicas e frontalidade. Os rostros son inexpresivos, de ollos amendoados e mirada ao lonxe; as articulacións son ríxidas, cos brazos pegados ao torso. Poden ser de pé ou sedentes (coas mans nos xeonllos), estaban policromadas e como estaban feitas para ser vistas frontalmente, non se esculpía moitas veces os lados.
Existen dúas tipoloxías: escultura de vulto e de relevo, en ambas daránse practicamente as mesmas características.
As características principais mantéñense sen cambios importantes ao longo de todos os Imperios, aínda que se poden observar pequenas variacións:
- Manteñen un carácter de rixidez, hieratismo, son moi estáticas. Isto é unha maneira de transmitir a permanencia (queren manter ou fixar a vida). Cando hai representado un episodio son escenas relacionadas coa transitoriedad. Isto vese nas esculturas dos servidores, os nobres e do faraón, moi hierático.
- Na escultura de vulto redondo evítanse todo tipo de saíntes para evitar o risco de roturas.
- Todas obedecen o principio ou a lei da frontalidad (formulada polo danés Lange no século XIX), son esculturas moi frontais, moi simétricas. Isto manterase na Antigüedad ata Grecia.
- Hai unha gran  xeometrización, a estatua articúlase con planos horizontais e verticais, de forma octogonal.
- Os materiais máis normais son o granito, o basalto e a calcaria. Tamén se utilizaba a madeira ou, se son pequenas, outros materiais nobres, como o marfil. Para o faraón utilizaranse os materiais máis nobres.
- Especialmente as de madeira e as de calcaria adoitábanse policromar e poden levar materiais incrustados, como por exemplo nos ollos, para dar maior vida á escultura.
- O tamaño é variable, hai algunhas grandes, outras de tamaño natural e outras pequenas, pero si se busca unha certa proporción, nunca hai membros que desentoen, mesmo nas estatuas colosais.
- Realismo, aínda que vai cara ao idealismo en moitas ocasións. Son retratos moi veraces de animais e do faraón, aínda que no seu caso adóitanse evitar os defectos.
- Actitude de calma e equilibrio. Isto tamén está relacionado co hieratismo e levaríanos a unha certa monotonía
- Poden estar decorados con xeroglíficos, abrigo nas vestiduras ou na base sobre a que se apoian, o que en moitas ocasións permite identificar á figura.
Os relevos adoitan ser baixorelevos, que adoitan estar sempre policromados. Van ter unha maior mobilidade que as estatuas, aínda que cun movemento ríxido, un tanto convencional. Estes relevos réxense pola lei da máxima claridade: vese a figura en relevo coma se vísemola desde distintos punto de vista (ollos e torso de fronte, resto do corpo de perfil).
- A escultura de vulto pódese dividir en tres grupos: escultura do faraón, escultura cortesá e escultura popular. Entre as dúas primeiras as diferenzas son mínimas, pero a popular si é moi diferente.
 


 
TRÍADA DE MICERINOS
 
Pertencente ao Imperio antiguo, Dinastía IV, 2500 a.C. O faraón aparece xunto a súa esposa e a deusa do ceo e a fertilidade Athor, plasmada convencionalmente como una muller con cornos de vaca e odisco solar (sita á dereita do faraón Micerinos). Caracterizado polo  seu equilibro e unidade, presenta as características da linguaxe convencional exipcia: frontalidade, rixidez plástica e hieratismo.
 
 
ESCRIBA SENTADO
 
Pertence ao Imperio Antiguo, Dinastía V, 2463-2380 a.C. na actualidade atópase no Louvre en París. Aínda que está tamén chea de convencionalismos, como o estatismo, esta peza presenta a una figura menos pechada en sí mesma e está sentada no chan coas pernas cruzadas, polo que revela un certo naturalismo e humanidade.
 Realizada en pedra caliza branca, está pintada en cores ocres e pardos e ten ollos inscrustados con pupilas de cristal de rocha e pestañas de cobre, o que confírenlle moita expresividade e a busca dunha menor idealización. Isto está presente tamén no interese que revela o  autor por valeirar o espazo entre os brazos e o tronco. É un retrato expresivo, sobre un home que tiña un importante valor na sociedade exipcia: o escriba.
 
 
BUSTO DE NEFERTITI
 
 Pertence ao Imperio Novo. Dinastía XVIII, 1360 a.C. Esta escultura reflicte un período excepcional na arte exipcia o de TELL-EL-AMARNA, cunha duración escasa -16 anos- que estivo caracterizado por una revolución relixiosa e artística que protagonizou o faraón AMENOFIS IV, o denominado faraón herexe, quen traladou a corte a Tell-el-Amarna, e proclamouse seguidor do deus único, o deus solar ATÓN, iniciando así o MONOTEÍSMO.
Esta revolución foi tamén na arte: a representación tornouse totalmente realista, case como una caricatura (como aparece o mesmo Amenofis nunha representación totalmente sen idealización), que aínda que foi logo rexeitada, influiu en obras posteriores.
 A fermosa Nefertiti, está policromada, mide 50 cm de altura, e amosa un pescozo de cisne claramente desproporcionado, que aínda así, a fai fermosa. As faccións regulares e exquisitas, presentan un cutis terso, labios fermosos e arqueados e ollos maquillados, que conservan as cores orixinais.
 Elaborada polo Escultor Real  TUTMOSE, no seu obradoiro na cidade de Aketatón,en caliza e ieso, está policromada.
 Localización: Neues Museum de Berlín.
 Obra exenta ou de vulto redondo, pois se atopa tallada na súa totalidade. Representa a cabeza, o pescozo e os ombreiros dunha muller coroada por unha gran tiara tratándose, por tanto, dun busto. De apenas medio metro, a peza está realizada en calcaria puída e policromada con incrustacións de cristal nos ollos para darlle maior realismo á escultura, aínda que a incrustación do ollo esquerdo perdeuse. A policromía, laranxa para o rostro, azul, ocre e verde para a tiara e o pescozo dá gran viveza á obra, conservada case de maneira milagrosa "in situ" ata o seu descubrimento. Como únicos adornos a raíña porta un gran colar así como unha fermosa tiara e no seu rostro sereno e simétrico mostra uns trazos de gran beleza e finura.A raíña aparece representada mirando á fronte nun xesto distante e inexpresivo, aínda que transmite serenidade e realeza ao mesmo tempo.
Parece querer deixar constancia para a eternidade da extraordinaria beleza da modelo, a raíña Nefertiti, cuxo nome  propio xa significaba "a beleza chegou". A cabeza, unida aos ombreiros por un longo e estilizado pescozo, móvese cara á fronte e adiante creando un movemento de gran beleza que se ve contrarrestado pola fronte huidiza e a coroa que marca unha dirección oposta, cara a detrás. A escultura transmite serenidade e beleza e, aínda que responde á concepción frontal da escultura exipcia, o movemento sutil dado polo pescozo e a coroa crean un efecto único e excepcional na arte exipcia, que reflicten moi ben o período da arte de TELL-EL AMARNA.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Referencias na rede:
https://www.arteespana.com/esculturaegipcia.htm
http://blogarteehistoria.blogspot.com/2015/10/comentario-triada-de-micerinos.html#!/2015/10/comentario-triada-de-micerinos.HTML
https://es.wikipedia.org/wiki/Nefertiti
http://blogarteehistoria.blogspot.com/2013/10/comentario-busto-nefertiti.html#!/2013/10/comentario-busto-nefertiti.html

MULLERES ARTISTAS: LUISA ROLDÁN," A ROLDANA" (SÉCULO XVII)


 
A éxtase de Santa Tareixa. Luisa Roldán, barro cocido e policromado. 1693-1705
 
 Aínda que non se coñecera os seus nomes,o que parece máis probable é que dentro dos obradoiros artesanais da antigüidade romana existirán mulleres traballando nos talleres escultóricos –con moldes ou labrando detalles-; e que será durante a Idade Media cando resulta casi con toda seguridade que existirán escultores –do mesmo xeito que existiron pintoras, como a do Beato de  Girona  do século X, Ende, quen xunto co  doutro iluminador, figura no colofón do manuscrito, en latín: ende pintrix et d(e)i aiutrix fr(a)ter emeterius et pr(e)s(bite)r (Ende, pintora y ayudante de Dios; Emeterio, hermano y sacerdote)- que servía como traballo e para entreterse dentro da vida monacal.
 
 
Beato de Girona, con ilustracions de ENDE
 
 Na Idade Media pois, existiron mulleres artistas, e atopamos xa no século XIII a obra dunha escultora Sabina von Steinbach –probable autora da portada meriodional da Catedral de Estrasburgo- e da súa coetánea Grunilda (con obra na catedral de Norwich) ao mesmo tempo que o da Mestra María, xa no século XVI, quen dirixiu o o bradoiro de vidrieiras da catedral de Cuenca, mulleres artistas, que a historiografía acabará admitindo como creadoras.
 
 
Catedral de Estrasburgo, fachada meridional, de Sabina von Steinbach
 

 Quen si está a ser recoñecida na actualidade é LA ROLDANA -Sevilla 1625-Madrid 1706- nacida Luisa Roldana e filla de Pedro  Roldán,  quen é a cabeza e o xefe dun importante taller familiar do século XVII, onde actúan figuras destacadas na arte española, como a súa filla María Luisa  Roldán e o seu neto Pedro Duque e  Cornejo, un dos máis excelsos escultores da escola, xa dentro do século  XVIII. Os retablos, imaxes e sillerías de coro que en bo número e notable calidade produce este grupo, destacan polo seu intenso  barroquismo, virtuosismo e poesía de certas representacións.

 
San Ginés de la Jara, de Luisa Roldán, 1692, madeira policromada e ollos de vidro.
 
 Luisa  Roldán cos seus sete irmáns traballaban no taller paterno, é dicir, tivo unha formación gremial –unha formación artística case exclusivapara as fillas dos artistas-, que non só encargábase de tarefas menores, senón que realizaba deseños e trallábos.Tiña unha actividade tan extraordinaria no taller paterno, que parece ser (según Ceán Bermúdez, estudioso da arte), que “axustaba as obras”, o que quere dicir que controlaba aactividade de taller e contrataba os proxectos e ocupábase da súa execución e do presuposto, é dicir, que era unha  empresaria, algo que define moi ben a súa importancia como artista e a súa percepción como tal (é moi semellante nisto ao caso de Artemisia Gentilleschi, quen era tamén a “cabeza de familia”) ” Gañouse o recoñecemento ao seu traballo por mérito propio, o que propicio o seu ascenso na escala social.
 
 
Ecce homo, madeira policromada, Catedral de Cádiz, 1684
 
 O máis habitual era que as fillas casasen cos axudantes do taller e continuasen traballando todos no mesmo, así o fixeron as súas irmás. Luisa quería casar cun axudante do taller do seu pai tamén, Luís Antonio Navarro dos Arcos, pero curiosamente atopouse coa oposición paterna ao matrimonio. Enfrontouse ao seu pai nos tribunais, gañou o caso e casou con Navarro, o matrimonio traballou xunto, sendo o seu marido axudante do mesmo xeito que o seu cuñado. Quizais o que a escultora buscaba con este matrimonio era poder independizarse do seu pai, e crear o eu propio taller.
 
San Xosé co neno. Luisa Roldán. Catedral de Sevilla, 1677
 
 Os primeiros anos de vida independente Luisa non conseguiu grandes encargos. Foi entón cando decidiu desenvolver unha técnica persoal traballando o barro. Este material era considerado entre o mundo artístico escultórico de baixa categoría. E aquí si temos que incidir na importancia dos “Roles de xénero”, pois esta obra en pequeno tamaño, estaría relacionado con certas “habilidades que parecían ser típicas do xénero feminino”: a delicadeza, o minucioso.
 
 
Luisa Roldán. Desposorios de Santa Catalina. Terracota. Hispanic Society of America
 
 
AVirxe, no Neno Xesús e o Bautista, de Luisa Roldán.
 
 Pero Luisa conseguiu moldear figuras de alta calidade con este material, ao mesmo tempo que acadou encargos de pezas grandes como o seu “San Miguel de El Escorial” ou “San Ginés de la Jara” -na actualidade no J. Paul Getty Museum de Nova York-, e co seu taller xa en marcha comezou a recibir encargos sobre todo de confrarías e igrexas, tanto en Sevilla como en Cádiz onde foi contratada polo cabido da catedral para realizar importantes esculturas en madeira. Converténdose en competidora directa do seu pai. Ela era o motor económico da familia, o seu marido era o seu axudante, tiña dous fillos, pero cinco máis morreran. En 1689 trasládase a Madrid, unha forma de gañar en prestixio e cubrir as súas ambicións artísticas, porque dalgún xeito estaba moi vinculada ao gusto da época, nos que traballaba as pezas como mediadora entre o sacro e o humano, cheas de verismo, e ao  servicio dunha  mensaxe relixiosa, con temáticas semellante a calquera escultor masculino da súa época.
 
 
San Miguel, El Escorial, madeira policromada de Luisa Roldán. 1692
 

Luisa Roldán. San Germán e San Servando, ambos na Catedral de Cádiz

 
Aínda que como dixemos, Luisa traballou o barro, un material moi pouco apreciado, ela soubo traballalo e darlle un aspecto refinado, toda unha innovación técnica para a época. Os seus pequenos grupos de  terracota sempre de temática relixiosa,  rebosantes de dozura, foron moi ben acollidos pola nobreza madrileña, nunha España que sobordaba catolicismo. Eran moi apreciados para decorar os oratorios da nobreza. Nunca deixou de traballar coa madeira. As súas obras en  terracota, consideradas de gran delicadeza e orixinalidade, son obxecto de desexo para museos como o  Metropolitan, a  Hispanic  Society  of  America de Nova York ou o Vitoria  and Albert de Londres. Así o rexurdimento do coñecemento da súa obra vén tamén de fóra das nosas fronteiras.
 
Virxe peregrina, Igrexa de Sahagún, Luisa Roldán
 
Foi nomeada escultora de cámara do rei Carlos II en 1692, o último Austria e máis tarde sería de Felipe V que foi o primeiro Borbón, o que lle volveu a conceder o cargo en 1700, era todo un privilexio, porén, o seu cargo na corte era máis ben honorífico e poucas retribucións económicas recibiu del. Luisa  Roldán era unha muller independente e cunha forte personalidade, montou o seu taller, asinou as súas obras, escribiu decididas cartas aos monarcas demandando o cargo para ela e conseguiuno. Gozou de prestixio e fama. Tanto é así que Antonio  Palomino, pintor, escritor e sacerdote, recoñeceu o seu talento e incluíuna no seu tratado O  parnaso español pintoresco laureado (1724). Dela dixo: “A súa modestia era grande; a súa pericia, superior, e a súa virtude, extraordinaria”.
 As súas obras en madeira son  bellísimas e nelas reflíctese un dramatismo extraordinario. Entre elas podemos citar o San Miguel vencendo ao demo do Mosteiro del Escorial ou Pai Jesús  Nazareno do convento das Franciscanas de  Sisante en Cuenca, as dúas a tamaño natural. É curioso, excedeu ao seu pai en calidade de traballo e encargos, o seu pai nunca saíu de Sevilla, ela foi moito máis recoñecida na súa época. O seu pai ocupou un lugar na Historia da arte, ela non, esqueceulla rapidamente e morreu na máis absoluta pobreza, ata que novos estudos volveron sacar á luz e déronlle o xusto recoñecemento que por parte da  historiografía merécese.
 
 
San Xaquín,Santa Ana e a Virxe nena. Luisa Roldán, terracota policromada. ca 1700
 
 
Para consultar na rede ou en revistas:
 "Descubrir el arte", nº 229.AñoXX, Marzo, 2018