A mostra "VÉRTEBRAS", na asociación Évame Oroza en Vigo, é unha exposición de RUTH LODEIRO, na que as pezas, moi ben articuladas, dialogan co espazo onde están situadas, e que amosan unha obra "sempre inacabada", según a propia artista, que reflicten as súas inquedanzas ao longo do tempo, sempre dende unha estética feminina e feminista.
É curioso, como a proposta escénica e artística de Ruth está en relación coa historia-Alexandre Magno, a Idade Media- pois enxerga as súa preocupacións estéticas coa morte (algunhas pezas son como osamentas), co corpo feminino (a idea do corsé que afoga ás mulleres), ou a idea do "Carpe Diem", neste prolegómeno do que podería ser "o fin do mundo", que é a Contemporaneidade.
Ao mesmo tempo, a proposta da artista que enxerga cerámica, tecidos -fixo Filoloxía, Deseño de Moda e Cerámica, entre outras cousas-,emprega diversas vivencias en relación co mundo da plástica -non podemos esquecer que o seu pai era un artista moi innovador- resulta moi interesante, por como logra a partir de sutís intervencións, habitar un espazo con formatos e obra diferentes, que só teñen en común os seus brancos, vermellos e negros, pero que respiran ese mesmo aire de compromiso coa realidade e o mundo que a rodea, e que "vertebran" un mundo persoal, moi espiritual e contemporáneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario