BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 12 de marzo de 2017

ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. INTRODUCCIÓN (PARTE II)

O traballo de Sofonisba Anguissola, se falamos de artistas precursoras foi moi importante porque abriu o camino a outras mulleres artistas, convertindo a profesión de pintura en algo aceptable socialmente, aínda que como outras tantas mulleres as súas carreras foron posibles por ter nacido nunha familia rica ou de artistas, co aprendizaxe de primeira man que iso comportaba. Foi a única muller da súa época a quen se lle atribuiu a capacidade de dar vida a unha  imaxe, a súa obra foi moi valorada entre os seus contemporáneos masculinos sobre todo debido a súa  asombrosa variedade de retratos e autorretratos, importancia que se vereflectida na obra “Bernardino Campi pintando a Sofonisba Anguissola” (1558), doble retrato da artista que salienta a súa propia importancia como artista, a importancia do valor da súa  propia imaxe como exemplo de muller triunfante e o seu traballo  como productora de imaxes en igualdade cos homes.



 Neste cuadro como moi ben sinala Chadwick: “En ese cuadro se pinta como si estuviera siendo pintada, primer ejemplo histórico quizá de una mujer artista articulando la compleja relación entre subjetividad femenina y acción, la situación de  esta relación dentro de las estructurasjerárquicas del conocimiento y el papel de la mujer como objeto de representación”.
 Aínda así, a súa posición social impedíalle vender a súa obra, polo que os seus lenzos foron regalados entre as clases altas, algún deles ao non estar firmados foron atribuidos a outros artistas, sobre todo no seu periodo español, no que algunhas das súas obras foron copiadas por pintores como Alfonso Sánchez Coello, ao que  se encargaron trece copias dun retrato que Sofonisba realizou ao príncipe Don Carlos. Por todas estas restriccións a pesar de ter fama e un gran respecto por parte doutros artistas, non foi quen de competir nos encargos con outros pintores contemporáneos, polo que a súa obra so foi coñecida en profundidade a partir de dúas monografías desde o ano 1987 e unha grande retrospectiva en 1994, co seu correspondente catálogo.
 As artistas do século XVI non eran tomadas máis que como a excepción a régula, como posuidoras dunhas cualidades miragreiras, pois a historia das mulleres no mundo da arte, non concordaban coas categorías estipuladas para o mundo masculino, polo que eran consideradas excepcionais e non podían ser tomadas como “modelo de muller”.
 Quizais o máis interesante da proposta plástica das aportacións das pintoras deste século e que vivían afastadas do centros neurálxicos da creación, pois Sofonisba fórmase en Cremona mentres que as artistas Properza de Rossi, Dina Scultyori, Sirani e a Fontana, vivían en Bolonia, e esta cidade foi no século XVI a única que posuía unha universidade á que asistirán as mulleres na Idade Media e que tiña como santa a unha pintora, Catherina dei Vigri, o que parece ser que impulsou o apoio a que a muller se formase culturalmente. De feito, existía un vínculo importante entre a universidade e as artes, pois a laboura editorial patrocinada por aquela, axudou ao rexurdimento e florecemento dun importante gro de miniaturista sobre todo nos século XIII  e XIV que levou a posibilidade de firmar os seus grabados a Diana Scultori (1547-1612), que foi mencionada por Vasari en sus “Vidas” de 1568, co seu propio nome e tivo unha bula papel que protexía o seu dereita a grabar e vender obras baixo o nome de Diana Mantuana, siñatura que a relacionaba coa corte de mantú e coa tradición do grabado iniciada por Mantegna. 
  Ao ser Bolonia un centro culturalmente moi activo, posibilita, debido tamén a abundacia de traballo, que as mulleres teñan máis facilidade paa coller encargos, aínda que artistas como Properzia de Rossi tiveran moitas dificultades no desenvolvemento do seu traballo, como comenta Vasari, pois parece ser que ante os ataques dun artista ciumento, ante o seu ascenso en canto aos encargos públicos (realizou a única escultura en mármol do renacemento italiano) o que propiciou un salario moi baixo polo seu traballo, que desalentou tanto a artista, que adicouse desde entón a realizar gravados en bronce.


Properza de Rossi. Anunciación


Properza deRossi. Xosé e a muller de Putifar


Properza de Rossi. Hércules loitando coas amazonas.


Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora) 


Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora) 


Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora) Sirvientas.


Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora) Martirio de Santa Ághata



No hay comentarios:

Publicar un comentario