BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 22 de septiembre de 2016

MONOGRÁFICO: O LIBRO DE ARTISTA (Parte I)



Fatima Abal. Azumi art. Tondo.

 No mes de xullo a aula de Pintura da escola, impartiu un curso de libros de artista ao que asistiron cinco persoas que  tiveron xa contacto co mundo da pintura, pois  todas estudaron pintura na escola. Mais o importante, e antes de ver as súas interesantes propostas, acadadas tras o visionado de distintos artistas e distintos debates sobre materiais e técnicas, sería definir que é exactamente un LIBRO DE ARTISTA.

 QUE É UN LIBRO DE ARTISTA?

 Os primeiros libros de artista viron a luz coas vangardas de principios do século XX, pero en España case non tiveron difusión. En países como México ou Estados Unidos existe unha gran tradición mentres que aquí seguimos tendo poucas iniciativas, somentes en Barcelona fixéronse xa tres encontros, pero no resto de España son case inexistentes.
 A súa definición é tamén difícil de atopar, porén, poderiamos dicir que un libro de artista é un experimento conceptual e plástico en torno a un libro ou tamén que é poesía visual, o que conleva unha mensaxe.
 Os soportes ou contedores son moi variados: Papiroflexia, panos da mesa con mensaxe, rolos de papel, origami, libros sen texto ou con texto, ou en calquera caso ARTEFACTOS, que semellan libros.


Alberto Rodríguez. Libreta intervida.


 COMO PROPOSTA ANTE O ALUMNADO:

PARTE CONCEPTUAL

 Prantexamos o curso coma un lugar aberto onde poideran caber unha chea de preguntas e respostas ante a posibilidade de facer un libro de artista, e a súa redefinición como tal:
-Coma un obxectos que funciona como un libro que funciona como un obxecto, onde cabería citar o concepto de ARTEFACTO, facendo logo un xogo de palabras: Facendo artellamos Arte?
-Como un libro obxecto, ou como xerador de ideas?
-Como un ARTEFACTO que nos seduce?
  É tamén moi importante reflexionar sobre a TIPOLOXÍA dos libros intervidos:
-De artista.
-Intervidos.


Fátima Abal. Azumi art. Libro intervido.


-De obxecto.
-Híbridos.


Uxía Rodríguez. Libro híbrido.

-Alterados.
-Apropiación de libros alleos
-Rolos
-Papeis e cosidos


Elena Riveiro. Libro cosido en forma de acordeón.

 PARTE PRÁCTICA

  O monográfico presentouse ante o alumnado a partir de distintas propostas:
1.- Que o alumnado elaborara o seu propio libro que, que fora un libro mercado (libreta en branco) ou ben, que intervira un libro vello.
2.- Que o alumnado, presentara unha idea a desenvolver e esta poidera estar vinculada:
-A un estilo
-A unha técnica concreta
-A un proceso de investigación, de carácter procesual, que pode ser con respecto a os útiles trazadores (pintar sen pincéis), ou ben pode facer referencia ao collage ou as técnicas mixtas con materiais inusuais.


Clara Vilar. Libro-caixa.

Tras unha presentación pola miña parte de que é ou como se realiza un libro de artista fixéronse moitas reflexións por parte da mestra e do alumnado que compartimos:

1.-É realmente necesario o libro que pensas facer?

2. Incorpora AO TEU LIBRO, AS IDEAS OU FORMATOS dos libros que fan e fixeron outros, moi en especial os d@s Grandes Mestres. E dicir, inspírate noutr@s artistas.

3. Atención aos detalles para que o resultado sexa impecable. Dando importancia a limpeza e ao orden, se é iso o que pretendes.

4. Non te afastes demasiado do concepto "libro". Por moi de artista que sexa, un libro sempre é un libro. E atende aos consellosxa existentes: se queres facer un libro sobre a violencia, colle papeis e revistas e documéntate sobre o tema.



Uxía Rodríguez. Libro-caixa.

5. Se necesitas usar imaxes ou palabras ou ideas doutros non se che esqueza citalos como é debido. Unha cousa é inspirarse noutr@s, e outra é cópial@ directamente.

6. O libro de artista é un experimento artístico moi enriquecedor, máis se este se resiste, lembra que o máis importante é disfrutar facéndoo.


Elena Riveiro. Libro realizado con tapas duras.


 Estes foron os resultados:

ALBERTO RODRÍGUEZ




Alberto realizou tres libros de artista, de diversos tipos:


Libro número 1: Libro caixa, con obxectos realizando unha sorte de collage, con diversos materiais e de carácter moi obxectual.



Libro número 2: Un libro-acordeón no que tamén aparecen obxectos e cunha forte carga irónica.



Libro número 3: Unha libreta de artista, que é como un diario, pois foi incorprando debuxos feitos na aula, recortes de prensa e de catálogos dos viaxes realizados a diversos museos durante os tres anos que estivo na escola, reapropiacións e reinterpretacións  de obras de grandes Mestres, debuxos  e bocetos, nunha sorte de libro autobiográfico. Nas fotos, aparecen a portada e parte do  interior do libro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario