AZUMI ART
A alumna Fátima Abal, que firma as súas pezas
como Azumi art, realizou varios libros, todos con distintos formatos e de
distintas tipoloxías: de artista obxectual, intervido, de apropación de libros
alleos e intervidos.
Esta alumna, ten realizado xa diversos libros
de bocetos e coñecía o termo de libro de artista, polo que decidiu arriscarse e
traballar en formatos nos que no traballara ata o momento, e interviú tamén
unha libreta realizando unha obra obxectual, que levou moitos debuxos preparatorios.
Libro
número 1: Libreta intervida, con debuxos no exterior e no interior, emprego de acuarela e acrílico.
Libro
número 2: libreta obxectual, pechada cos candados. No seu interior debuxos realizados a tinta
Libro
número 3: Libro de artista, en formato tondo, empregando diversos materiais e papeis distintos para a portada e para o interior, realizado en papel de grabado e coa técnica de acuarela. Nas fotos, as follas interiores, as tapas xunto as follas e o exterior, co libro pechado cun lazo.







CLARA VILAR
Fixo dúas pezas, unha de formato libro-acordeón, e outra en forma de caixa.
Libro número 1: Para o primeiro libro, Clara realizou diversos bocetos en acrílico en formas xeométricas, moi en relación coa abstracción xeométrica de principios do século XX. Cunha gama de cores primarios e secundarios, que perderon saturación ao engadirlles branco. O formato é de libro acordeón, ao que se lle puxeron dúas gardas para pechalo en cartón.
Libro número 2: Seguindo a mesma xeometría e cunha gama semellante, esta vez realizou un libro-caixa en formato rectangular, que contiña varias follas independentes, polo que a súa visión é sempre distinta según as follas que saques.
ELENA RIVEIRO
Elena realizou catro pezas, de distinto
formato e con distintos materiais, e como imaxes reestructurou algunhas ideas coas
que xa traballara na aula así como materiais como metal ou cordas.
Libro número 1: É mais ben un artefacto, unha das
ideas coas que traballamos na aula, pois recolleu diversas planchas metálicas e
coseunas conformando un libro aperto espacialmente.
Libro número 2: Libro acordeón, desplegable, con
tapas e realizado con cosidos sobre o papel con fío moi finos e cun emprego da
cor coa técnica da acuarela en certas partes dos zapatos. Representan distintos
zapatos que a alumna emprega habitualmente, polo que o libro ten un carácter autorreferencial.
Libro número 3: Libro ao que lle mercou as tapas, no
seu interior as follas levan pezas realizadas en acrílico sobre papel,
abstraccións e variacións de pezas e debuxos anteriores.
Libro número 4: Libro acordeón, desplegable realizado
con acrílico sobre papel Super Alfa de Guarro, con grano.
UXÍA RODRÍGUEZ
Traballou con tres formatos diferentes, sempre dende
o punto de partida da abstracción, e cunha representación do libro de carácter
moi obxectual, pois emprega libretas as que posteriormente fixo un burato,
caixas e materias extrapictóricos, como corcho ou madeiras.
Libro número 1: Trátase máis dun artefacto que dun libro de artista, e asemade emprega elementos como corcho ou madeira.
Libro número 2: Libro caixa que contén unha obra realizada desde a estética do expresionismo con cores salvaxes e formas libres. Nas fotos pode apreciarse que a caixa ofrece distintas posicións e puntos de vista.
Libro número 3: Libreta tamen de carácter obxectual, a parte superior ten formas orgánicas, mentres queo interior, que ten un oco, achégase ao mundo da abstracción xeométrica, polo que ten tamén varios puntos de vista e posicións espaciais.
Para mais información sobre o libro de artista na rede: