BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 22 de julio de 2016

PREPARANDO A MOSTRA DE FIN DE CURSO (Parte III)

 Na idade Media  a humanidade non pensou nada importante que non escribira en pedra, pois a súa visión simbólica do universo tiña un mundo cheo de significados, é dicir, que son signos dunha verdade superior. Son asimismo, símbolos, a imaxe, inxerida no camò semántico do símbolo, significa unha forma sensible que revela un contido ás veces intelixible. 
 O alumnado de pintura, escolleu imaxes que pertencen ao  noso imaxinario, pero que ao mesmo tempo son universais: a anfisbena, a serea (tan achegada a nosa cultura atlántica), a harpía, e mesmo unha serie de persoaxes que son invención e parten dun bestiario propio ou manipulado.
 Se o mundo sagrado era un mundo oculto ao que somentes se podía acceder por medio dos símbolos, na actualidade o símbolo perde a súa aura, e dilúese en significados contemporáneos, estes novos significados aparecen neste “RETABLO” realizado en acrílico sobre lenzo e materiais extrapictóricos.


Colocación na aula de varias das pezas.


Tres das pezas: a serea, o home tapándose o nariz e o home coa espada.


María e Ánxeles rematando a serea


Malena coa harpía e Rolando co home en azul


Rolando co home que se tapa o nariz


Ana e Malena cos fondo do home azul


Xosé María e Pepe, co deseño orixinal do último, a serpe e o peixe con patas


Eugenio coa serea


Catro das pezas 


Jose e Espe coa serea en azul

Colocando as pinturas dentro do retablo e a montaxe na sala.


Eugenio e Xosé María colocando dentro do retablo unha das pinturas


Mary, Ana, María e Rosa que levaron as pezas ata a sala


Co martelo, repensando a colocación


Así quedou o "Retablo" na sala, falta só o Libro de Artista

Detalle das diversas pezas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario