BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 13 de abril de 2016

XOSE LUIS OTERO no Museo do Mar: "EXPLORANDO NO CAOS"




 A pasada semana un moi numeroso grupo do alumnado de Pintura, realizou unha visita á mostra de Xosé Luis Otero “EXPLORANDO NO CAOS”, onde o artista tivo a amabilidade de facernos unha visita guiada e explicarnos abondantemente a súa proposta artística para esta exposición. Falounos de onde partía a idea da mostra, do emprego dos distintos materiais, de composición, dos centos de bocetos que o levaban desde a idea inicial a peza final, de como realizaba o cadro, en fin toda un clase maxistral.





 Cun curriculo que abrangue desde o ano 2010 un percorrido por medio mundo en salas expositivas e museos que van desde Tallin, Helsinki e Estocolmo pasando por Málaga, San Francisco, Madrid, Belo Horizonte e Bruselas, entre outros moitos lugares do mundo, Xosé Luis Otero falounos no Museo do Mar de vigo, da súa proposta “Explorando o Caos”.







 Nesta mostra, cunhas pezas convertidas en instrumento de creación poética, aínda que cun tratamento moi visceral, estructurada ao redor da idea da viaxe, do camiño, dialogan cadros con instalacións, a partir de materiais sinxelos: cordas, liños, plásticos, cartóns e diversos materiais atopados ou buscados, que xunto  coa cor redúcense a un denominador común, conformando un discurso plástico que transforma o proceso creativo nun tiempo non lineal, un tempo vertical.





 As obras presentes nas dúas salas do museo, sorprenden pola insistencia reiterativa de elementos e cromatismos, pero que na súa rotundidade transmiten emocións e sentimentos, facendo que quen as mira participe no “lanzamento de dados”, pois establecen un diálogo aberto, que fai que “miremos” estas obras en certo xeito “mortuorias” pero dunha fonda fermosura grazas ás imaxes evocadoras e a unha elegante composición. Pezas moi cuidadas, onde o xesto o movemento do corpo do artista está moi presente, neses elementos necesarios estampados no soporte, cun cromatismo restrinxido, pero expresivo, e onde o “oficio”, se deixa ver en cada un dos seus recunchos, incluso nesas obras onde o lenzo sae do soporte.






 Un proceso creativo, según o artista doloroso, que parte da observación compulsiva da realidade, na realización de  pezas que ao fin, non deixan a ninguén indiferente.


Xosé Luis asiñando o díptico da mostra.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas a ti Paula e a todos o alumnado da EMAO. Foi un parecer e un honor contar convosco

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas a ti Paula e a todos o alumnado da EMAO. Foi un parecer e un honor contar convosco

    ResponderEliminar