BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 17 de febrero de 2016

ABSTRACCIÓN EXPRESIVA E LÍRICA: TRABALLOS NA AULA (PARTE II)

 Os traballos do alumnado foron moi variados, presentados xeralmente en POWER POINT, e cun traballo exhaustivo non somentes sobre a súa biografía senon tamén co respecto a práxis pictórica de cada quen, que era en particular o que se lles pedira: ser capaces de captar a técnica empregada por cada artista.

 Antonio, falounos de Rafols Casamada (1923-2099). Este pintor, conceptualista barcelonés asemade de lírico, realizou unhas pinturas que son (según algúns críticos) imaxes caleidoscópicas nas que as formas armoniosas e as cores superpóñense e se sobreponen complementándose entre elas, únicas, solitarias e plenas, pois ante a súa aparente simplicidade é quen de evocar pensamentos e amosar con moi poucos elementos a esencia oculta do mundo. deste artista, destacou a Sala de Información Turística da Casa da cidade de Barcelona, que ten decoradas as súas bovédas con pinturas abstractas sobre o tema de "As Catro Estacións".


                                         Bóveda da Casa da Cidade de Barcelona. 1982


 Juan, escolleu a Fernando Zóbel,(1924-1984) pero centrouse en pezas da serie "Saetas",nos anos 50, integrada por un centenar de cadros que supón o nacemento dunha das técnicas características de Zóbel: o traballo con jeringuillas de cristal que inxectan ao lenzo os pigmentos e permiten trazar finas e longas liñas. A súa pintura caracterízase pola ausencia de improvisación e a procura permanente da expresión do movemento, o na que se advirte a influencia da poética de Mark Rothko e a sensibilidade oriental da pintura china, da que o artista atesorou unha importante colección. 


Saeta 42. Anos 50. Óleo sobre lenzo 

 María, fixo un percorrido, pola estética de Barnett Newman, (1905-1970) quen malia o seu aparente simplicidade pictórica está considerado como un dos mais desafiantes pintores do século XX, pertencente ao expresionismo abstracto americano. Considerado un minimalista, influíu en moitos dos seus colegas da época xunto con Jackson Pollock, Mark Rothko, and Clyfford Still. Caracterizouse pola expresión de emocións e sentimentos mediante a técnica abstracta e a forza das cores. A simplicidade das súas obras conéctalle coas ideas da arte minimalista e o interese pola cor plana e vibrante, relacionándoo co que máis adiante, sería a arte pop. A cor é, para o artista, unha boa base desde a que abordar a reflexión persoal porque, a final de contas, quen teme a lume, amarelo e azul?
 Newman posúe un estilo propio, moi persoal no que resulta característico o emprego dos denominados "campos de cor", é dicir a yuxtaposición de cores que ocupan espazos máis ou menos diferenciados. O seu estilo baseado na presenza dunha cor predominante, co que conviven pequenas franxas doutras cores e sempre mostrando unha maior preferencia pola disposición vertical dos campos de cor, ao contrario do que adoita ser habitual na obra de Mark Rothko.
 Foi filósofo, escritor, profesor e sobre todo inconformista. Os seus cadros e esculturas son consideradas afirmacións filosóficas creadas sen habilidade artística, pois era un teórico. O mesmo artista comenta: “e sigo crendo, que o meu traballo en terminos de impacto social denota a posibilidade dunha sociedade aberta”.


White fire II. 1958. Óleo

 Ana estudou a obra de Robert Motherwell ( 1915-1991).
Uns dos pintores pioneiros do expresionismo abstracto; ademais de teórico e exponente do movemento. Foi o máis novo da chamada “New York School”, grupo que renunciou ao estilo americano prevalente da década, polo expresionismo abstracto. Estudou filosofía en Stanford, algo que influiría de xeito notable na súa posterior obra. Esta formación retórica seríalle moi útil tamén aos seus compañeiros expresionistas, xa que percorreu Estados Unidos impartiendo conferencias achega do que estaban creando en Nova York. Sen estas grandes capacidades comunicativas, outros expresionistas quizais non visen a luz. O maior obxectivo deste pintor era mostrar ao espectador o compromiso mental e físico do artista co lenzo e explicar o porqué da pintura non figurativa.
 A alumna centrouse na súa extensa serie de pinturas coñecida como "Elixías á República Española", que é xeralmente considerada o seu proxecto máis significativo. Unha serie a través da cal o artista analiza a mesma composición de formas, unha e outra vez, cambiándoas de cor e peso, aínda que predominando sempre o branco e o negro. Son formas abstractas, non perfectas, que con todo repártense a tea creando unha estabilidade neutra dentro do angustio. A través delas pretende enraizar coa cultura e a tradición do Barroco Español e co drama da Guerra Civil e os anos do Franquismo.


Elegía a la República Española. 1965.Óleo sobre lenzo 

 Rosa, centrouse noutra etapa do artista José Manuel Broto (1949), na que nas súas pezas dos anos  noventa consideraba que as dúas dimensións do lenzo constituían o ámbito idóneo para a representación artística, creando nas súas obras un espazo capaz de provocar infinitas evocaciones e suxestións por medio de composicións deliberadamente abstractas. Broto prescinde do maior número de elementos creando unhas composicións extraordinariamente sintéticas nas que superpone unha serie de signos abstractos moi gestuales de gran capacidade metafórica e suxestiva que flotan sobre a superficie de cada lenzo. A importancia concedida ao baleiro, o uso de gamas cromáticas intensas que crean multitude de contrastes e harmonías que aparecen suspendidas en atmosferas cristalinas e silenciosas son características presentes en toda a súa obra.


Do cristal IV. 1995. Acrílico  sobre lenzo

 Malena centrouse na obra de Franz Kline (1910-1962) un dos máis grandes exponentes do expresionismo abstracto, xurdido en EEUU na década dos anos 40 e marcado pola tensa situación social tras o crack do 29e a segunda guerra mundial, de aí a violencia dos trazaos e a frustración reflectida nas súas obras.O brochazo de Kline é furioso, como unha grosa e tosca tachadura das que se facían para tapas ar pintadas políticas das rúas e impdir a súa lectura, polo que foi denominada por Argan como a “iconografía do non”.
 As obras de Kline representan unha forma de expresión individual e espontánea, pasión e creatividade están presentes nas pinturas deste artista que tivo menos impacto social fóra dos círculos da arte, aínda que tivo unha grande influencia n@s escultor@s constructivistas dos anos sesenta, debido ao sabio equilibrio acadado entre o emprego do branco e negro.

"La naturaleza de la angustia
se convierte en diferentes formas" , dixo Kline.


Pintura nº 2. 1954

 Julia, estudou a obra de Rafael Baixeras (1947-1989), un informalista conceptual, razonante e ao mesmo tempo, de intención moi lírica. A xeometría está sempre implícita, e ás veces explícita, nas súas composicións, de gamas neutras e asordadas durante un tempo, e case quentes na última etapa. É a súa unha sabia pintura, de resultados moi atractivos, aínda que en aparencia torpe, como desmañada. Ampla a mancha, firmes os negros, insinuadas as vagas figuraciones de raíz onírica, porque vagamente cabo emparentarlo coas mellores esencias do surrealismo. De modos que se identifican co feísmo, Baixeras arrinca inefabilidades dunha extrema delicadeza.


S/T. 1982.Técnica mixta sobre tea


Peceira laranxa. Técnica mixta sobre tea. 1986

 Yolanda, fixo un interesante power point sobre Mark Rotko (1903-1970) quen salientou en 1934: “El expresionismo se parece mucho al arte de los muchachos. Quizá su obra es más expresionista que la de los propios artistas, ya que es un intento de revivir la frescura y la ingenuidad de la visión infantil”.
 Rothko moveuse a través de moitos estilos artísticos ata alcanzar a súa firma 1950 con motivos de formas suaves e rectangulares que flotan nun campo tinguido de cor. Fuertemente influenciado pola mitología e a filosofía, que insistiu en que a súa arte encheuse de contido, e cheo de ideas. Un feroz campión do pensamento revolucionario social e o dereito á libre expresión, Rothko tamén expuxeron os seus puntos de vista en numerosos ensaios e apuntas críticas. Altamente influenciado por Nietzsche, a mitoloxía grega, e o seu patrimonio ruso-xudía, a arte de Rothko estaba profundamente imbuído de contido emocional que articula a través dunha gama de estilos que evolucionó a partir do figurativo ao abstracto. A temprana obra figurativa de Rothko que inclúe paisaxes, naturezas mortas, estudos de figuras e retratos, demostrou unha capacidade de combinar o expresionismo e o surrealismo. A súa procura de novas formas de expresión levou ás súas pinturas de cor de campo, que empregaban a cor brillante para transmitir un sentido de espiritualidad, no que atopamos os adxectivos de: “no-relacional”, “forma aberta”, “all-over” e  “subjet matter”.


Azul e gris. 1962

 Jorge falounos dun artista novo, Gerard Fernández Rico (Barcelona,1977) un artista curtido na rúa. As súas orixes creativas están vinculados ao grafito, ata que fai unha década decidiu abrir nova etapa facendo obra de estudo. Non foi unha ruptura drástica co seu pasado, senón "unha evolución". Deixou de saír á rúa para facer entrar a rúa no estudo. Non rifar coa radicalidad pero si optou por tratala cun remanente de serenidade e harmonía.
 Fernández Rico entende o seu traballo como un proceso no que cada obra que crea contén as preocupacións e as pistas dun futuro proxecto. Non hai nada terminado, porque nada é definitivo. Sempre hai un chanzo máis para subir na escala da experimentación.  Os seus primeiros intentos evocan o imaxinario da rúa nuns cadros elaborados con resina de epoxi que fantasean cunhas paisaxes introspectivos.  A elección deste material líquido que se solidifica por reacción química -tanto serve para fabricar o chan dun parking como unha táboa de surf- deixoulle satisfeito a medias. Lle decepcionaba que, unha vez manipulado, o seu carácter de material industrial quedase do todo camuflado. E decidiu cambiar de chip: optou por traballar con materiais da mesma familia, os polímeros, e mostralos na súa forma orixinal. Mantas térmicas, material de desecho e derruba comezaron a desfilar polo seu universo creativo, poñendo de relevo as súas enerxías, nun interesantísimo traballo, que continúa na actualidade.


Xeometrías. 2007. Técnica mixta

 Fernando, estudou a De Kooning, (1904-1997) este artista concibía a arte de como "acción unida á enerxía e ao movemento corporal", traballando cunha intensa concentración dirixida en exclusiva ao acto creativo sen predeterminarse o seu resultado. Kooning empregaba pinceladas mordaces e violentas, con espesas capas de óleo. Esta action painting produce unha pintura abstracta e vigorosa, de gran densidad e moi intensos desde o punto de vista cromático. Facía unha pintura representativa e gestual á vez, que remata cun certo lirismo coas súas últimas obras, tales como Whose Name Was Writ in Water e Untitled III; nelas brillas as luces e os reflexos no auga. A partir de 1970, inducido por Henry Moore, comeza a realizar grandes esculturas. Durante os seus últimos anos inclinouse cada vez máis pola realización de esculturas de barro.


Woman. 1950. Óleo sobre lenzo

 Alicia fixo un interesante percorrido pola obra de Jackson Pollock (1912-1956), investigando sobre o seu  proceso pictórico e a súa relación coa importante Peggy Gugenheim, e as influencias que o pintor tivo durante a súa traxectoria:
-Arte primitiva e dos indios navajos.
-Picasso.
-O psicoanálise e Jung.
-Krisnamurti.
-Siqueiros.
-Surrealismo.
-Miró e a abstracción.
 Tamén falounos da súa estética na que destaca un artista innovador, transgresor, genial, cunha linguaxe pictórico persoal e  universal, que desde a intuición, representa os procesos da naturaleza, na busca da expresión da súa propia época.
“En el suelo me siento más cerca de la pintura, más parte de ella, ya que de esta forma puedo moverme alrededor del cuadro, trabajar desde los cuatro costados y literalmente estar en la obra”.


Mural. 1943.

 Rolando presentounos un vídeo e un power point do artista contemporáneo Gerardo Delgado (1942), artista multidisciplinar que traballa non só co obxecto senón tamén  coa instalación e a pintura-pintura. Pintor e arquitecto, forma parte da vangarda artística española desde que participara na emblemática exposición Nueva Generación, que tivo lugar na galería Edurne de Madrid en 1967, sendo na actualidade o artista da súa xeración con máis trascendencia. A súa  pintura ten un percorrido no que vai queimando sucesivas etapas e nas que sempre é fundamental a xusta medida, o rigor compositivo  ol equilibrio mental, que terá a súa correlación na obra mediante o emprego medido dos materiais plásticos. A súa abstracción conxuga os desenvolvementos meramente pictóricos, a reflexión absoluta a través do medio cromático e os desenlaces semánticos aos que chega desde un sutil xogo metafórico.


Vaivén violeta. 1982. Óleo e carboncillo sobre lenzo


 Mary, escolleu para a súa presentación a José María Sicilia (1954), artista contemporáneo de importante traxectoria internacional, que traballa sobre todo a partir dos anos oitenta en grandes formatos en series pictóricas onde atópanse reunidas naturas mortas e representacións de ferramentas e utensilios domésticos así como paisaxes. A alumna centrouse nas pezas do ano 2013 “Fukusima. Flores de invierno” en que o artista pinta o tsunami, e nas que reflexiona sobre a brevidade da vida e o  ataque do inesperado: “ El instante no espera a nadie, es irreparable, no lo puedes prolongar…Lo efímero es aceptar lo fluyente y lo flotante, es espíritu de la obra”.


Fukusima. Flores de inverno. 2013. Técnica mixta.


Páxinas web:
https://es.wikipedia.org/wiki/Albert_R%C3%A0fols-Casamada
http://fernandozobel.es/pintura.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Barnett_Newman
http://www.christies.com/lotfinder/paintings/barnett-newman-black-fire-i-5792532-details.aspx
http://www.wikiart.org/en/barnett-newman/fourth-station-1960
http://www.epdlp.com/pintor.php?id=2758
https://es.wikipedia.org/wiki/Franz_Kline
http://artearquitecturaydiseno.blogspot.com.es/2011/03/rafael-baixeras-paisaje-entero.html
http://desdeelotroladodelcuadro.blogspot.com.es/2013/04/woman-i-willem-de-kooning.html
http://www.galeriafernandez-braso.com/html/pdf/notaprensadelgado.pdf
http://www.museoreinasofia.es/exposiciones/jose-maria-sicilia-pinturas-1987

No hay comentarios:

Publicar un comentario