BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 10 de mayo de 2015

CONFERENCIA de JUAN LUIS DE LAIGLESIA: "ENTENDER A ARTE CONTEMPORÁNEA".




Presentando a Juan Luis 

 O pasado venres 8 de maio, dentro do Ciclo de Conferencias organizado pola aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, tivemos a sorte de contar coa presencia de Juan Luis de Laiglesia, quen coa súa conferencia “Entender a Arte Contemporánea”, tentou facer chegar ao numeroso público asistente os novos paradigmas da arte actual, falándonos de artistas participantes en ARCO 2015 e máis de Ernesto Neto, Beuys ou  Piero Manzonni entre outros.


 O artista explicando unha das pezas

 Ademaís do numeroso alumnado tanto actual como de anos anteriores da aula de Pintura, acudiron tamén como invitados e invitadas: artistas como Ana Soler, o profesor de Publicidade e Relacións Públicas Pedro Pablo Gutiérrez e a representante da Xunta Reitora Teruca Cendón, así como moit@s amig@s que interesad@s na arte contemporánea non quixeron perderse a conferencia de Juan Luis.


 Público asistente


O artista e conferenciante

 Juan Luis de Laiglesia, é licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e posúe 1º de Grado Profesional de Piano polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo     . Obtivo unha beca Erasmus UCM en el Colchester Institute of Art & Design en Essex, Inglaterra e ten realizado diversos cursos: Seminario de Tecnología de las Artes Gráficas, impartido por Manuel Martínez Chicharro en la UCM de Madrid; Curso de Fotografía impartido por Ramón Chomón en el CMU Chaminade en Madrid e o Curso de Diseño Web, Multimedia e Accesibilidade no MSL Formación, en Madrid.
 Dentro da súa actividade profesional: realiza actividades didáctico-musicais para nen@s e adultos con Raquel Galavís, incluidas dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia nas Bibliotecas Públicas; traballou como Web Content Manager na web oficial ol Festival de Cine de San Sebastián no ano 2008; participa no Taller “Ecología y Arte” para nen@s de 5 a 15 anos no Gaiás Cidade da Cultura en Santiago de Compostela con Paloma Cordón; realiza composicións de bandas sonoras para os curtametraxes "Cortocircuito de Tiempo" de Sebastián Lizardi e "Todo lo que dices de mí" de Guillermo Florence; foi Director de Fotografía da Revista "Caminos y Viajeros” e profesor de Debuxo Técnico e Sistemas de Representación para alumnos de Belas Artes e Xefe de Departamento de Informática na Academia Églode en Madrid (Escuela Global para el Desarrollo), dando clases de ofimática e deseño gráfico a nen@s, adultos e personas en risco de exclusión social.
 Dentro da súa actividade como artista plástico ten realizado diversas exposicións e pertence tamén ao grupo Los llamados perdidos, como compositor, guitarrista, bajista e batería.

OBRAS DO ARTISTA, en técnica mixta


Coche vello


Escaiola


Bubba


Paisaxe Iberia arde


Paisaxe Iberia 32


Paisaxe Iberia 42


Siroco 

 Déixovos tamén un dos vídeos como compositor e músico do seu grupo LOS LLAMADOS PERDIDOS.





No hay comentarios:

Publicar un comentario