BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 27 de abril de 2014

HILMA AF KLINT,UNHA CREADORA PARA O FUTURO (Parte III)

 
Retrato de Hilma

Hilma únese no ano 1920 á Sociedade Antroposófica e viaxa a a Dornach, Suíza, onde reencóntrase de novo con Rudolf Steiner. Tras esa primeira viaxe a Dornach interromperá durante máis dun ano a súa produción pictórica e abandonará definitivamente a abstracción xeométrica. Estuda literatura antroposófica e prodúcese nela un cambio de rumbo. Tras o paréntese, dedícase sobre todo representar as dimensións espirituais da natureza a partir de acuarelas.
 Durante o período comprendido entre os anos 1925 e 1930 non existen notas nin cadros, aínda que deixou no seu legado máis de un millar de obras e de 125 cadernos. A súa morte, o 21 de outubro de 1944, tras un accidente, expresa no seu testamento, (sabendo que a súa obra non se entendería e cansa de que as institucións non le prestaran atención as súas obras) o seu desexo ao seu sobriño Erik af klint, de que aquila non se mostre ao público ao menos vinte anos despois da súa morte. Por este motivo a obra de Hilma permaneceu moitos anos no anonimato e segue hoxe en día rodeada polo misterio, debido as prácticas de médium coas que creou parte da súa obra.
 
Svanen. 1914
 
 
The Swan, nº 1.1915
 
  O que resulta máis impactante na obra desta artista é a presenza da “Dúbida”, como elemento presente en toda a súa traxectoria. Hilma escribiu e debuxou nos seus cadernos de notas máis de 25.000 páxinas, enchidas todas cun mesmo obxectivo: a dúbida, o que a convirte non só nunha investigadora, senón nunha artista excepcional. A súa preocupación foi indagar na imaxe, na percepción extrasensorial, que vai máis aló das apariencias visuais ata acadar o coñecemento dunha realidade non material, na busca desa espiritualidade que interpretaba a través das experiencias como médium e nas que a Teosofía estaba moi presente.
 É tamén moi interesante o feito de que Hilma traballara sempre con mulleres, o grupo de “As Cinco”, exemplifica moi ben ese aspecto da súa andaina, quizais porque esa ruta mística somentes podía percorrerse da man daquelas que como ela, estaban limitadas nun tempo en que a importancia da ciencia e do empirismo na arte, relegaba as experiencias dun lado “escuro da vida”. De feito a artista, non pertence a esa xeneoloxía masculina da historia da arte, pois o seu proceso creativo e a súa profundidade estética, marcada por ser muller, está afastado dos canles masculinos e procesuales do seu tempo.
 
The Dove, nº 12.1915

 
Svanen, nº 9. 1915
 
 
Grupo IX, SUW, nº 17. 1915
 
 
Grupo I, nº 61. 1916
 
 A artista traballa en solitario, debuxa e pinta con constancia. Os debuxos de naturalismo botánico ábrenlle as portas do microcosmos. A súa proposta debería verse como unha obra traballada en series complexas e laboriosas. Hilma crea novos alfabetos visuais, explora as iconografías herméticas,  transcribe experiencias extrasensoriales, e nos impresiona con obras de grandes dimensións onde a cor, a liña, as palabras ou os símbolos comparten co espectador as súas indagacións sobre o mundo, o cosmos, os átomos, a materia ou a enerxía. Estas indagacións convirten a Hilme nunha “Creadora para o Fututo”, de feito, o xeito de pintar xunto con outras mulleres define un proceso creativo sempre cambiante e nada académico, atento a unha visión “non material” da vida.
 
Serie II, nº 96.1920

 
Serie VII, nº 7. 1920
 

Co seu traballo Hilma, redefine parámetros de pensamento para explicar a historia da arte innovando, “facendo camiños”, lonxe da historia da arte masculina,  impactando a quen mira a súa obra coas súas propostas que empregan a linguaxe abstracta e simbólica como método de indagar sobre o mundo do seu tempo na busca dunha realidade  liberada e mística.
 
 
Iris Muller, comisaria da exposición no Museo Hamburger Bahnhof de Berlín comenta: “Son cuadros que podrían pertenecer a la época del pop art de los años 60’s. O incluso de los 80’s. No parecen pinturas con más de un siglo.”Para Udo Kittelman  director do Museo:“Son obras increíblemente optimistas. Están llenas de luz y esperanza. Y rara vez se encuentra esto en el arte, y menos en el arte alemán, que a menudo es muy oscuro y pesado. Son obras de esperanza, también para el siglo XXI.”
 
 
 
 
 

 
 


 

 
 
 
 
 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario