BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 9 de junio de 2013

GIOVANNA GARZONI (Parte I)

 
Autorretrato de 1650

  Giovanna Garzoni, non é unha artista moi coñecida para o público en xeral, como ocorre con outras moitas artistas barrocas, que pese a ter no  seu tempo moita sona e recoñecemento, son na actualidade coñecidas só por certas especialistas en pintura realizada por mulleres. Por sorte, a Accademia de San Luca, ten moitos rexistros que permítennos coñecer detalles da vida de esta artista. Tivo moito éxito no seu tempo como pintora de miniaturas, (chamadas deste xeito, non por ser pequeñas senon por estar pintadas nun pergamino que usábase para escribir e pintar) que desenvolveu especialmente no xénero da natureza morta, aínda que tamén realizou retratos e temas relixiosos.

 
 
Bodegón con froitas e flores

 Nacida en Ascoli Piceno no ano 1600, pertence a unha familia  de artesáns e foi descuberta cando traballaba como axudante nunha farmacia da súa vila, o que permitiulle entrar no obradoiro de Giacomo Rogni, como conta ela mesma nunha carta datada en 1620.Parece ser que a súa  primeira obra asinada é unha “Sagrada familia”, realizada cando contaba con 16 anos, obra de grandes dimensións que atópase en Venezia, na Gallerie dell'Accademia. Durante eses anos fixo tamén un libro de caligrafía con paxaros, flores e froitos, que publicarase posteriormente no ano 1625.
 
 
Bodegón con froitas e abella
 
 Casada no ano 1922 co artista veneciano Tiberio Tinelli, o matrimonio dura só dous anos e aos trinta anos abandona Venecia para trasladarse a Nápoles co seu irmá, cidade na que traballa para o Duque español de Alcalá, para con posterioridade marchar a Turín, aceptando a invitación que lle fai o duque de Savoia. Coñecida pola súa fama como retratista, Cristina de Francia, duquesa de Savoia, requiere os seus servizos en Turín, a onde viaxa en novembro de 1632, para desenvolver na cidade piamontesa unha intensa actividade na corte.
 
 
Vittorio Amedeo de Savoia(1935)
 
 En Turín realiza entre outras obras un pequeno retrato dun mulato, datado no ano 1635 e dun Apolo, que conservase hoxe no Palacio do Quirinal, así como a que parece ser a súa primeira natureza morta, un plato de cerámica con froitas. Traballa para o duque 5 anos, para en 1640 viaxar a Florencia, onde traballa para a corte dos Medici.
 
 
Cristina de Francia (1935)

 



 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario