BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 22 de julio de 2016

PREPARANDO A MOSTRA DE FIN DE CURSO (Parte III)

 Na idade Media  a humanidade non pensou nada importante que non escribira en pedra, pois a súa visión simbólica do universo tiña un mundo cheo de significados, é dicir, que son signos dunha verdade superior. Son asimismo, símbolos, a imaxe, inxerida no camò semántico do símbolo, significa unha forma sensible que revela un contido ás veces intelixible. 
 O alumnado de pintura, escolleu imaxes que pertencen ao  noso imaxinario, pero que ao mesmo tempo son universais: a anfisbena, a serea (tan achegada a nosa cultura atlántica), a harpía, e mesmo unha serie de persoaxes que son invención e parten dun bestiario propio ou manipulado.
 Se o mundo sagrado era un mundo oculto ao que somentes se podía acceder por medio dos símbolos, na actualidade o símbolo perde a súa aura, e dilúese en significados contemporáneos, estes novos significados aparecen neste “RETABLO” realizado en acrílico sobre lenzo e materiais extrapictóricos.


Colocación na aula de varias das pezas.


Tres das pezas: a serea, o home tapándose o nariz e o home coa espada.


María e Ánxeles rematando a serea


Malena coa harpía e Rolando co home en azul


Rolando co home que se tapa o nariz


Ana e Malena cos fondo do home azul


Xosé María e Pepe, co deseño orixinal do último, a serpe e o peixe con patas


Eugenio coa serea


Catro das pezas 


Jose e Espe coa serea en azul

Colocando as pinturas dentro do retablo e a montaxe na sala.


Eugenio e Xosé María colocando dentro do retablo unha das pinturas


Mary, Ana, María e Rosa que levaron as pezas ata a sala


Co martelo, repensando a colocación


Así quedou o "Retablo" na sala, falta só o Libro de Artista

Detalle das diversas pezas.








jueves, 21 de julio de 2016

PREPARANDO A MOSTRA DE FIN DE CURSO (Parte II)

 0 PROXECTO, baséase nos retablos barrocos, mais con imaxes retomadas ou inspiradas nos bestiarios e capiteis románicos, con animais fantásticos ou reais, que aparecen tanto nos libros miniados como nos capiteis, en particular os da catedral de Ourense, de quen un alumno fixo unhas excelentes fotos e debuxos.
 As pìnturas van nas predelas e nos pasillos do retablo, dentro das caixas e nas portas, algunhas abertas  e ouras pechadas.


Marta e Augusto, pintando o monstruo azul.

 A cor remite as cores dos relevos e capiteis que se conservan na catedral de Ourense e nos textos miniados (moi en relación cos capiteis que se conservan coa cor, cores empregados na idade media) con algunhas modificacións, con cores: terras, ocres, azuis e verdes.


Marga e os dous cabalos enfrontados



Cris e Claudio, pintando ao home que mata a un animal


Antonio coa Harpía.

 Cando observamos o retablo barroco de Santa María de Castrelos, observamos que as imaxes eran de distinta cronoloxía e tamaños, polo que o alumnado realizou as imaxes en plano, coa técnica de acrílico sobre lenzo en distintos tamaños, captando a través  da  bidimensionalidade da tea, o espíritu acronolóxido de Castrelos a través da colocación  de distintos panos de lenzo en diferentes tamaño que ocupan espazos diferentes no retablo, xogando cos espazos co valeiro e o cheo.


Rosa e Xulia tamén coa harpía.


Eugenio e Carmen escomezando coa serea

 Todo o alumnado realizou de xeito moi disciplinado as distintas partes do proceso pictórico, mentres parte deles e elas facían os debuxos, outra parte do alumnado foi traballando a cor, que previamente elexíramos para cada figura.


Susi pintando nun deseño orixinal de Pepe


Alexía, preparando a cor


Ánxeles e unha das sereas

O tamaño dos lenzos varia según o lugar que ocupan no retablo, porén as dimensións son en xeral de 90 x 80 cm e foron pintadas nas paredes da aula, o que significou moito esforzo, pois o alumnado non estaba aínda afeito a estas dimensións.


Moncho co monstruo alado


Pepe tamén co monstruo alado, que el mesmo debuxou.




miércoles, 20 de julio de 2016

PREPARANDO A MOSTRA DE FIN DE CURSO (Parte I)



 O obradoiro de Pintura realizou para a mostra de fin de curso "Castrelos 800 anos de arte románica: unha visión contemporánea", a peza “RETABLO”, na que todo o alumnado participou  na elaboración dos debuxos preliminares que inclúense nun libro de artista, mais serán os dous últimos cursos que nes fagan o retablo e pinten  as figuras. Tamén indicar que se realizaron moitos bocetos de distintos estilo, mais escolleronse os que reflectían mellor o estilo do románico.

Traballamos con materiais “poveras” como soporte, con caixas de cartón que posteriormente ensamblamos seguindo os bocetos realizados polo alumnado, e que finalmente variamos debido as necesidades que o propio material  nos demandaba.
 Ao estar as caixas en mal estado, o selamos con cinta de pintor de papel, igualando os tons, pintando logo algunhas partes en negro.

 Os cartóns aínda sen cortar, nin pintar.


Recortando e pintando en negro a base do retablo.


María e Rosa


Alicia medindo para colocar o selado


Jorge, Fernando e Antonio pintando as caixas


Malena pintando as caixas



Con Antonio pintando en negro


Jorge e Fernando coas caixas case rematadas


Xulia e Antonio, rematando outras

Recortando o lenzo para pintar logo nel as imaxes escollidas.


Con Xosé María e Pepe, cortando os lenzos


Rolando, Juan, Jorge e Antonio, cortando as teas


Maria, Marisa e Ánxeles debuxando


Marga e Sofía debuxando os cabalos


Lorena e Claudio, cos debuxos

Os materiais que empregamos son: cartón, acrílico e lenzo. Na última foto vemos a parte do alumnado comezando cos debuxos preliminares.