BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 22 de marzo de 2015

ARTE E SOLIDARIDADE no Museo do Pobo Galego



 O pasado mércores 18 de marzo, inaugurouse en Santiago, no Museo do Pobo Galego en Santo Domingo de Bonaval a mostra ARTE E SOLIDARIDADE, que remata o 26 de abril, co galo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia, con máis de cen artistas, con pezas de escultura, pintura e fotografía, entre @s que atopábanse moitos amigos e amigas: Nilo Arias, Maribel Longueira, Tino Canicoba, Enrique Velasco, Antón Pulido, Galia Blanco, Fernando Lafuente, Paula Cabaleiro, Genma López, Yano Yoro, Mercedes Vicente, Basilisa Fiestras, Tita Fraga, Detler Kappeler, Amelia Palacios, Xulio Gil, Carmen Hermo, Antón Sobral e as miñas alumnas de Aula Aberta, Alicia Romarc e Eva Romero.



 Durante a presentación da mostra, o comisario Antón Sobral e Mercedes Rozas coas autoridades


 O cuarteto do Conservatorio de Santiago, tocando na inauguración da mostra, ante a peza de Tino Canicoba, “O can máis listo do mundo”


 Maribel Longueira, ante a súa fotografía


Tino Canicoba e a súa  peza "O can máis listo do mundo”


 Eu, ante a peza de Antón Pulido


 Ánxela e Marisa ante a peza de Tino Canicoba


A miña Peza  S/T da serie “Suar tinta chinesa”

No PhotoPeach, varias das pezas presentes na mostra.







ARTE E SOLIDARIDADE on PhotoPeach

domingo, 8 de marzo de 2015

PINTUREIROS DOCE. MOSTRA


 A mostra “PINTUREIROS”, que atópase na actualidade na sala BBVA de Vigo, parte dunha experiencia común, a pertenza á Escola de Artes e Oficios dest@s artistas que coinciden durante varios anos na aula de Pintura, onde desenvolveron a súa formación e onde aparecen motivados pola súa inquedanza de expresar as súas emocións.

 Foi para min un pracer experimentar con elas e eles as técnicas que descoñecían, en presentarlles retos que ás veces parecíanlles insalvables, pero que logo foron quen, de resolver dun xeito moi salientable. Na aula discutíase con paixón de arte, política, relixión, en fin, da vida mesma, pois o seu compromiso coa Pìntura parte tamén, da necesidade de cambiar o mundo a partir da súa mirada. 

 PRESENTANDO Á MOSTRA



 Miradas contemplativas en uns e unhas, máis salvaxes noutr@s, cunha expresión da súa individualidade que é  o que fai que as súas propostas artísticas sexan tan diferentes. Por unha banda aparecen obras en técnica mixta sobre papel ou lenzo, algunhas con clara referencia figurativa e outras claramente abstractas, ademáis de pezas figurativas que desenvolvense a partir dunha mirada moi persoal sobre o que nos arrodea: páxaros, flores e paisaxes moi distintos en cada un deles e delas, que conforman a súa individualidade a pesar de ter unha formación común.


LOLI CARBALLO


LUZ CORTÉS


SUSO CARRERA


MARÍA LUISA COBIÁN


HILARIO GÓMEZ


JOSÉ ALONSO

 Moitas son as razón polas que entraron a formar parte do meu alumnado e moitos os distintos traballos e actividades as que adicáronse ao entrar na escola, na que se lle deron as ferramentas tanto na praxis como na teoría para que a partir das técnicas explicadas na aula, foran quen de entregarse á técnica coa que se sintan máis comod@s, ao rematar o seu paso pola escola e seguir o seu camiño en solitario, pero hai dúas que si teñen en común: a paixón, o amor, a entrega e o pracer de pintar, expresando os seus sentimentos e a súa particular visión do mundo.

PANORÁMICAS DA SALA DO BBVA



 Grazas a Juan Manuel Avendaño, que axudoume coas fotografías, aquí ante unha peza da mostra, de Loli Carballo.


Artigo de Fernando Franco no Faro de Vigo do sábado 7 de marzo.