BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 24 de febrero de 2015

O ENTROIDO na aula DE PINTURA: traballo colectivo (PARTE II)

 En canto tivemos claro que peza escolleriamos, de feito unha que nos lembra en certo modo ao entroido, pois aínda que é abstracta ten certo contido figurativo, escomezamos co traballo, que ten tamén diversas fases:

-Primeiro, tivemos que entear o bastidor de gran formato. Nesta actividade, participaron exclusivamente os grupos de Perfeccionamento I, pois a montaxe dunha peza (tea e bastidor de madeira) entra dentro da formación que se imparte na asignatura de pintura no segundo ano.





-Logo comezouse o traballo de pasar o deseño da peza ao formato grande, tendo en conta que queríamos respetar ao máximo o deseño inicial. Mentres, algunhas alumnas ían preparando as cores que traspasaríamos ao lenzo.




 Logo, colocamos o lenzo xa debuxado  na parede para traballar en vertical.

 A realización da peza durou varios días, e os grupos de perfeccionamento traballaron na peza, dándolle varias capas, pois non fixemos imprimación no lenzo e fixeron falta varias capas para que o cadro respondera a idea dunha obra na que a “pintura-pintura” como elemento de reflexión estivera moi presente.

PRIMEIRA FASE. Cada grupo foi pintando en grupos de dous ou tres seguindo o deseño do boceto.







 Así quedou a peza na primeira fase.

SEGUNDA FASE: Tras unha primeira fase de prepintado outro grupo seguiu, coas seguintes capas.






TERCEIRA FASE: Últimas capas e o cadro case rematado entre os dous grupos de Perfeccionamento I.






 O cadro está do revés para facilitar o pintado da parte superior, falta para rematalo, a liña negra que delimita os espazos interiores. 




Este é o cadro final.


domingo, 22 de febrero de 2015

O ENTROIDO na aula DE PINTURA: traballo colectivo (PARTE III)

 Durante o traballo de elaboración da obra, o martes fixemos unha festa, na que o alumnado tiña que disfrazarse e como eixe principal, o tema tiña que falar da pintura, polo que podíamos disfrazarnos ou dalgún pintor ou pintora famosa, ou dun cadro. Fixemos un photocall, diante da obra que estamos a realizar. Estas son algunhas das fotos do alumnado que disfrazouse ante a peza aínda sen rematar. 


Magritte


Yoko Ono


Dalí


Dúas bailarinas de  Degás e o seu mestre de danza


Mary Cassat


Laxeiro


Madame Pompidou


Diego Rivera e as Tres Fridas


Profesora de Pintura, moro de Delacroix e pintor descoñecido


Yoko, careta de Venecia, Andy Warhol e Velázquez

Déixovos máis fotos no PhotoPeach.



ENTROIDO 2015 on PhotoPeach

O ENTROIDO na aula DE PINTURA: traballo colectivo (PARTE I)

 Como actividade do entroido, o alumnado de Pintura (incluídos os tres cursos) prantexouse a tarefa de realizar un cadro de gran formato, (200 x 100 cm) na que participara todo o alumnado.
 Por iste motivo, cos grupos de Iniciación realizouse un proxecto que posúe varios pasos ben definidos:
-Realización dunha pintura automática. Que consiste na realización dun debuxo sen que a consciencia traballe dun xeito preciso.




-Rescate dunha parte dese debuxo, que posteriormente será traballado con cor en pequeno formato. Estes son alghúns dos bocetos.







-Como terceiro paso, realización nun soporte específico de papel de lixa para pastel, pasando o boceto en pequeno formato a un fomato de 70 x 50 cm. A elección do soporte é tamén unha parte moi importante do proceso de aprendizaxe na práxis pictórica.



 Será a partir destas pezas, e tras moitos debates grupais sobre as posibilidades de cada obra para realizalo en gran formato, cando se escolla unha que será feita coa técnica de acrílico sobre lenzo, o que cambia moito a estrutura da obra en canto a súa realización ao ser o pastel unha técnica seca e o acrílico húmida. 

Esta foi a peza elexida, en pequeno formato.


Ao mesmo tempo que se traballaba na peza de gran formato, o alumnado de iniciación traballaba nas pezas grandes en pastel. É interesante salientar que o alumnado escolleu papeis de distintas cores e tivo total libertade para elexir a gama cromática. 



As obras finais aparecen neste PhotoPeach.

OBRAS EN PASTEL. 2015 on PhotoPeach