BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 23 de febrero de 2014

ANA MENDIETA (Parte V)


   O tema da morte en Ana Mendieta

 
Tree of Life.1979
 

  O tema central na obra de Mendieta é tamén a necesidade da morte como condición para o renacer a unha vida nova, que pódese aprec¡ar en dúas serie: unha do ano 1973, Flowers on Body, na que aparece sobre unha tumba cuberta con flores brancas que semellan xurdir do seu corpo espido, e On Giving Life, do ano 1975, baseada na iconografía cristiana da “danza da norte”, na que a artista aparece cun esqueleto.
 
Flowers on body. 1973


 
 On Giving Life.1975
 
 Ao mesmo tempo aparece tamén na obra de Mendieta o concepto de La Madre, como a patria, a nación, a cultura e a orixe,  conceptos que aparecen na serie Rupestrian Sculptures. Na obra Guanaroca (1981) realizada na Habana, no parque Jaruco, Mendieta nos fala da  primeira deusa, a máis poderosa. De de feito, nas fotos que Mendieta deixounos deste proxecto, a escultura que se pode ver é a de Guanaroca (A Primeira Muller). Mendieta quere que a marca da muller sexa patente para quen se achegue á cova.

 
S/T. Guanaroca
 

 
Incantation to Olokun-Yemayá


 A obra de Mendieta posúe en toda a súa traxectoria esa relación coa “Madre” como orixe e cultura, que redefine a historia do matriarcado, en pezas que nos lembran ás estatuiñas prehistóricas.

 
Peza da Serie "Siluetas"

 
Peza da Serie "Siluetas"
 

 
 
 
 
 

jueves, 20 de febrero de 2014

MORANDI e o PASTEL, nos cursos Iniciación de Pintura


 
 Un dos traballos que realizamos no primeiro ano na aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios, consiste en estudiar a obra do artista italiano Giorgio Morandi para posteriormente facer un traballo de "apropiacionismo", pois a partir da estética morandiana o alumnado xenera as súas propias obras na que  podemos apreciar moitos dos rasgos característicos de Morandi: gama reducida de cores, colocación dos obxectos moi persoal, pois a meirande parte das veces están no límite do espazo a representar, sombras volubles, obxectos que se solapan e confúndense. Estas fotos son parte do proceso de producción da obra  e varias obras xa rematadas.
 
                             O ALUMNADO TRABALLANDO





 

 
                                  A OBRA XA REMATADA

 






 

martes, 18 de febrero de 2014

ANA MENDIETA (Parte IV)



 Co seu profesor Hans Breder, a artista viaxa a  México, onde a influencia de Octavio Paz está moi presente na sua acción “El Yagul” (1973). Mendieta síntese neste país como en casa debido a coincidencia no idioma e racial, e comeza a traballar directamente n aterra, coa paisaxe, e con elementos da natureza onde deixa pegadas de contornas de corpos de muller que realiza con ramas, flores secas, pedras barro que pouco a pouco vanse convertendo en símbolos. Esta serie denominada “Siluetas” rematará no ano 1981 e nela, Mendieta utilizou unha silueta como representación da presenza do seu corpo ausente a maioría das veces. Existen nestas obras un desexo de representar esta forza eterna feminina omnipresente e unha necesidade de regresar ao útero materno, unha “sede de ser”, como manifestou a mesma autora. Na serie “Arena, mujer” (1983) evoca aos seres primitivos da santería e aos espíritus da terra en imaxes de muller realizadas en area sobre o chan, nunha representación onde existe unha tensión constante entre o vida e a norte, a cultura e a natureza, e onde o corpo e a terra  son unha invocación do feminino.


 
El Yagul (1973)
 
 
 
Serie "Siluetas".

 
Serie "Siluetas"
 
 
Serie "Siluetas" en México.1973-77.


 
Serie "Siluetas".1978
 

 Ao mesmo tempo o traballo de Ana afiliase ao Earth Art, pero un trazo distinguíaa da execución habitual desa tendencia. Polo común, no Earth Art proclámase a materia natural desprazándoa do seu contexto de orixe para jerarquizarla noutro xeito ou introducindo cambios sugerentes no propio medio natural, case sempre en gran escala. É a terra posta en función da vontade do ser humano. En Ana hai unha actitude máis modesta: é o ser humano quen vai cara a terra, quen se integra ao medio natural. Non para violentalo, senón en procura dunha fusión íntima. Mendieta non busca transformar, senón participar.


 
Serie "Siluetas".1976
 


 






miércoles, 12 de febrero de 2014

ANA MENDIETA (Parte III)

 
A súa acción máis controvertida sobre a violación Rape Scene (1973) desenvólvea na súa casa de Iowa, convidando as súas amizades quen atopan a porta aberta para entrar nunha sala cunha luz dirixida a unha mesa onde se atopa a artista. Esta, está espida de cintura para abaixo, atada, manchada de sangue  e rodeada de pratos rotos.A obra é escenificada dúas veces e fotografada.

 Segundo Ch. Merewether: "Estamos ante unha escena que, en canto a representación, produce unha imaxe de profundo desasosego,unha especie de paroxismo no tempo en que o acto da violacion permanece en certo tempo inalterablemente presente".
 
Rape Scene.1973
 
 En People Looking at Blood (1973) fotografiaba as reaccións da xente que pasaba ao carón dun regueiro de sange que ela mesma fixera saír da porta dunha casa ata a rúa, mentres que en Clinton St: Dead on Street (1973), ela mesma representaba estar morta na rúa.
 Na serie Body Tracks (Rastros corporais) do ano 1974, a obra está conformada por marcas longas e borrosas feitas polas mans e os antebrazos de Ana Mendieta, cando se deslizou por un pedazo grande de papel branco durante unha actuación principal con pulsante música cubana.
 
Body Tracks. 1974
 
 
 
Body Tracks.1974
 
 
 
 



 


lunes, 10 de febrero de 2014

DA MIMESE Á CREACIÓN. O obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo

 Nestes días a sala ESPAZO EMAO, da Escola de Artes e Oficios de Vigo, ten moitos visitantes interesados na mostra que o alumnado de Pintura da  escola, está a presentar na sala. A pasada semana, recibiu a visita dun nutrido grupo do Voluntariado Cultural do Concello deVigo,  da man de Lola Villar, exalumna de Pintura e na actualidade no obradoiro de Debuxo, e na que estiveron presentes tamén parte do meu alumnado de Pintura.  Hoxe, varios grupos do alumnado dos obradoiros de Debuxo, Serigrafía e Escultura visitaron a mostra e escoitaron atentamente a explicacións que fixen sobre o traballo do meu alumnado.
 Como documento, deixo unas fotos das dúas visitas.







 
 

domingo, 9 de febrero de 2014

ANA MENDIETA (Parte II)


O enfoque feminino e o emprego da sangue
 Na súa obra o corpo que se amosa é o dunha muller, desde os performances do comezo nos que aparece o corpo de Mendieta espido deformado a través dun cristal, Glass on Body (1972), para criticar la violencia sobre a muller, ou unha obra do ano 1972, Death of a Chicken, unha performance gravada en super- 8, onde Mendieta preséntase espida diante dun muro. Tras cortarlle a unha galiña a cabeza, esta é entregada á artista, quen pecha os ollos e deixa que o corpo do animal que se está axitando salpíquea de sangue, mentres que a súa agonía transmítase por todo o seu corpo.


 
Glass of body. 1972


 
 Dead of a chicken.1972
 

 Outra das súas primeiras representacións, Facial Hair Transplant (1972) na que se pegaba o pelo da barba dun amigo poeta, Morty Sklar, na súa cara, xogaba coa tradición mítica que considera o cabelo como expresión do poder e a forza de quen  o posue. Para Mendieta este traballo foi moi importante, como un punto de partida que expresa coas súas palabras nun escrito  sen data: “o momento crucial na miña arte foi en 1972, cando decateime de que as miñas pinturas non eran suficientemente reais para o que eu quería transmitir coa imaxe; e entendo por “real”  que eu quería que as miñas imaxes tiveran poder, que foran máxicas”.



 
Facial Air Transplant.1972
 

domingo, 2 de febrero de 2014

DA MIMESE Á CREACIÓN. O Obradoiro de Pintura na Escola de Artes e Oficios.(Parte IV)

 O sábado 25 de xaneiro apareceron na prensa dúas noticias sobre a exposición: no Atlántico e en La Voz  de Galicia. No Atlántico, Ana Baena, fai unha reportaxe sobre a mostra.