BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 26 de abril de 2013

MARUJA MALLO (Parte VI)


 En Arxentina recibe un rápido recoñecemento, colabora na famosa revista de vangarda Sur, na que tamén participaba Borges. é unha etapa da súa vida na que se dedica a viaxar, vive entre Uruguai e Buenos Aires, e a deseñar, pintar, en definitiva a crear e crear. Tamén se suceden as exposicións, París, Brasil e Nova York.Do seu paso por Buenos Aires, o Museo do Debuxo e a Ilustración, atesoura na súa colección dúas temperas sobre papel, representando animais metade real e metade fantásticos.
 

                            Fotografía de Maruja en América
 
 Comeza no exilio a súa etapa cósmica, dedicada a recrear a natureza suramericana coa súa serie de Mariñas. A nova vida en América, traslucese en obras nas que a alegría está presente, na serie de NATUREZAS VIVAS, resúmese a súa experiencia no pacífico, traballa como unha recolectora en obxectos entrelazados entre o morto e o vivo, non inventa copia, e xoga coas simetrías en liñas curvas e retratos simétricos de caracolas, flores e plantas, son metamorfoses que aparecen tras a súa inmersión no mar da que emerxe con obxectos maravillosos.
 
 
                                       Natureza viva.1942
 
 
                                        Natureza viva.1943
 
 Nas NATUREZAS VIVAS, as obras parecen o resultado dun libro de apuntes dunha viaxeira, prendada da paradoxa, nas que rescata conchas, coma un exercicio poético, como se necesitara lembrarlas a partir dun exercicio de botánica. Os elementos aparecen na táboa un tras otro, como unha disociación e reorganización da realidade, empreñando os obxectos como o farían os cubistas, creando unha sorte de COLLAGE, a partir da pintura-pintura. Maruja, está reorganizando o seu mundo, traballando a partir do existente, da realidade.
 

                                                         Natureza viva.1943
 

 

miércoles, 24 de abril de 2013

ACUARELA NA AULA

ACUARELA NA AULA on PhotoPeach Alumnado de Pintura de primeiro curso da EMAO, facendo apuntes do natural coa técnica de acuarela.

martes, 23 de abril de 2013

MARUJA MALLO (Parte V)




 
A sorpresa do trigo.1936
 
No ano 1936 realiza a súa terceira individual, con obra da serie de CLOACAS  e con 16 debuxos de Construccións. Esta exposición está presidida pola obra A sorpresa do trigo, coa que comenza a súa etapa muralista e revolucionaria que prosegue no exilio. Nesta etapa realiza apuntes e traballa na serie de A RELIXIÓN DO TRABALLO, durante os anos 1937-1939, de marcado carácter mural, en obras nas que os traballadores do mar e da terra, aparecen en cadros de gran formato, e nos que exite unha grande compenetración con mundo do traballo.
 
 
                                     A mensaxe do mar. 1937

 
                                           A rede.1938
 
AMÉRICA
 No ano 1936 atópase en Galicia, formando parte das Misións Pedagóxicas, cando comeza a guerra civil, e permanece alí durante uns meses, antes de partir a Portugal e logo a Arxentina, grazas a súa amiga Gabriela Mistral. En América comenza unha nova vida e publica no 1939 o seu libro “Lo popular en la plástica española a través de mi obra”, da diversas conferencias e se relaciona coa intelectualidade dos diferentes países nos que vive. Segue pintando e da clases.
 
 
                                           A terra.1938

domingo, 21 de abril de 2013

MARUJA MALLO. (Parte IV)


 
 
 


                                      Maruja no seu estudio en Madrid. 1936
 
 
MADRID DE NOVO

 Volta a Madrid no ano 1932 e participa activamente na Sociedad de Artistas Ibéricos. Por aqueles anos é xa moi coñecida nos ambentes intelectuais e o goberno francés mércalle un dos seus cuadros para expoñelo no Museo Nacional de Arte Moderno.
 
                                     
                                            Arquitectura vexetal.1933
 
A partir dese anos estudia matemáticas e xeometría e afirma o seu interese pola creación dunha linguaxe universal baseado nos principio da xeometría que ten relación coa obra e os principios constructivos de Torres García. A súa serie ARQUITECTURAS MINERALES, inspiradas en pedras e ARQUITECTURAS VEXETAIS, con froitas, responden a esas intencións constructivas. Nesta etapa combina o seu traballo como pintura, con viñetas para a Revista de Occidente e outras revistas, cunha intensa actividade de compromiso coa República. Exerce tamén como profesora de Debuxo no Institúto de Arévalo e na Escola de Cerámica de Madrid, para a que deseña unha serie de platos que destrúense na guerra.
 
 
 
Arquitectura mineral.1933
 
No ano 1935,  en febreiro, ccomeza unha  relación co poeta Miguel Hernández na Casa de las Flores de Pablo Neruda, ainda que xa foran  presentados anos antes por Arturo Serrano Plaja. Xuntos prantexaron e realizaron o drama “Los hijos de la piedra” inspirado nos sucesos de Casas Viejas e Asturias e débense a influencia de Maruja Mallo as catro composicións que o poeta escribiu na obra  El rayo que no cesa” baixo o nome de Imagen de tu huella, así como 18 dos 30 poemas desta obra.
 
 
Obra da serie Arquitectura vexetal da década dos anos 30.
 
 
 
 

 

viernes, 19 de abril de 2013

MARUJA MALLO (Parte III)


 Maruja participa tamén nesa época en Madrid na Revista de Occidente, e no ano 1928, escomeza a súa serie de CLOACAS E CAMPANARIOS, e achégase ao surrealismo. Esta serie será froito da súa relación persoal con artistas como Alberto Sanchez e Benjamín Palencia, cos que percorre a paisaxe desoladora dos suburbios de Madrid. Serán estas obras desgarradoras e tremendistas.

 No ano 1930 ilustró con Dalí e Ángeles Santos artículos para El Robinson, mentres continúa a súa relación con Alberti con quen colaboura ata o ano 1931. Maruja crea os decorados do drama “Santa Casilda”, e deixa testemuñas nos libros “Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos” e en “Sermones y moradas”.


                                                                   O espantallo.1929

 
Pegada. 1929
 
 PARÍS
 No ano 1931, viaxa becada a París, cunha Pensión da Junta de Ampliación de Estudios de escenografía, e a súa primera exposición realizase na Galería Pierre Loeb, causando sensación os surrealistas. Coñece a André Breton e Paul Éluard, e eles proporcionanlle uns bós contactos con René Magritte, Max Ernst, Joan Miró, Giorgio de Chirico, Jean Cassou, Picasso o Louis Aragon. Esta relación cos surrealistas ten como resultado a compra por parte de Bretón da obra o Espantallo, da serie CLOACAS E CAMPANARIOS, no ano 1932.
 
 
Escorrentapeixes.1931
 
 
Terra e excrementos. 1932
 


 

miércoles, 17 de abril de 2013

MARUJA MALLO (Parte II)



 MADRID

 Nos anos 20 trasládase a Madrid becada pola Deputacion de Lugo e asiste a Academia de Belas Artes de San Fernando, onde estudia ata o ano 1926, ademais de asistir ás clases na Academia Libre de Julio Moisés. Será nesta academia onde ponse en contacto con Dalí e outros membros da Residencia de Estudiantes e  comeza a relacionarse coa nova xuventude de poetas e artistas que irrompen na escena española, algúns deles conformarían a Xeración do 27. Coñece á poetisa Concha Méndez, que a introduce, xunto con Dalí, no círculo da Residencia de Estudiantes, onde estreita lazos de amizade e camaradaría con Lorca, Buñuel e en especial con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e longo tempo silenciada tanto na súa biografía como na do poeta.Da súa intensa colaboración con Alberti ata 1931 están os decorados do drama "Santa Casilda" (1930) e testemuñas nos libros "Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos" e en "Sermones y moradas". Neses anos –según Cyril Brian Morris- Alberti parecía poñer en palabras o que expresaba co pincel Maruja Mallo, e parece ser que adicoulle a ela, El ángel falso de” Sobre los ángeles”.
 
 
 
                                         Festa popular.1928

 
 Trouleira e rachadora, participa en tertulias e na Cofradía da Perdíz, para formar parte logo nos anos 1927 -1928 da denominada Primeira Escuela de Vallecas, xunto a Alberto Sánchez, Benjamín Palencia e Luis Castellanos.
 Neste anos traballa na serie VERBENAS  e ESTAMPAS POPULARES, e realiza a súa primeira individual. Son obras cunha temática que nos remite a modernidade, con toreros e manolas, festas populares. As Verbenas eran una combinación de elementos festivos e burlescos e escarnio dos poderosos.Realiza a súa primeira individual na sala da Revista de Occidente, na primavera de 1928 (primeira e única exposición que realizou esta revista), nos que exhibe dez óleos que representan poblados cheos de sol, toreiros e manolas, estampas coloreadas de maquinarias, deportes con mujeres atléticas e cine.
 
 
                                A muller da cabra.1929



 


lunes, 15 de abril de 2013

MARUJA MALLO (Parte I)

 

 

 
 Maruja Mallo é unha das máis importantes artistas que ten dado o noso país. Pasa por varios estilos ou estéticas, pero quizais a máis salientable sexa a súa  etapa surrealista cando ainda é unha muller nova, e que  chama a atención do pai do Surrealismo, o artista francês André Bretón. Tras un longo exilio, cando volta a España, faise  un rescate intermitente pero incompleto en colectivas dos años 70 e en monográficas xa no século XXI.

 Nace en Viveiro, Lugo, e realiza os seus primeiros estudios na Escola de Artes e Oficios de Avilés, cidade na que vive debido ao traballo do seu pai, funcionario de aduanas, que a leva a vivir en distintas cidades, e comeza a debuxar facendo copias das ilustracións das revistas da época ata que trasládase a Madrid.
 


                               Elementos para o deporte.1927

 
 
 

jueves, 11 de abril de 2013

HANNAH HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte VI)

HANNAH HOCK Fotomontaxes e collages on PhotoPeach  


Hannah Höch é unha artista enxergada nas preocupacións estéticas do século XX, no seu afán de experimentación co emprego de novas linguaxes visuais, na utilización de técnicas novas, na incorporación da muller na sociedade occidental, na constatación do terror e a violencia das políticas de exclusión racial, como o nazismo, e na potenciación da creatividade sen afastarse das realidades humanas. A súa recomposición da imaxe do ser humano, a partir da fotomontaxe que ela prefería ao collage a partir de imaxes de periódicos e revistas aos que engade material pictórico, convírtena nunha pioneira na redefinición do corpo da muller.

Páxinas sobre a artista
http://www.answers.com/topic/hannah-h-ch
http://es.wikipedia.org/wiki/Hannah_H%C3%B6chhttp://artsy.net/artist/hannah-hoch#artist/hannah-hoch
http://www.yellowbellywebdesign.com/hoch/bio.html
http://www.artnet.com/artists/hannah-h%c3%b6ch/past-auction-results/4
http://www.nmwa.org/explore/collection-highlights?LinkID=863



miércoles, 10 de abril de 2013

HANNAH HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte V)



                                     Abduction.1925
 
 Hannah emprendeu unha larga viaxe a pé a Roma para liberarse da súa relación con Raoul Hausmann. Tras a viaxe pintou Roma (1925), que representa á actriz Asta Nielsen rexeitando a Mussolini, que simbolizaba o patriarcado.
  En 1926, en Holanda, coñece á escritora Til Brugman, da que se namorará e coa que vivirá un romance de nove anos. Será neses anos e na década dos trinta, cando escomeza a expoñer individualmente e realiza fotomontaxes dunha modernidade sorprendente, non só na forma senon tamén con respecto ao seu contido, pois a androxinia e a confusión de sexos están presentes en varias das súas obras.
 
                                            Love. 1926
 
 En 1933, ano do ascenso de Hitler ao poder, sofre unha hiperfunción do tiroides e, aínda que a operan con bos resultados, pasará un ano debaténdose entre a vida e a morte. Durante a contenda, permaneceu en Alemaña vendo como o resto dos seus amigos dadaístas partían ao exilio ante a persecución nazi. Os anos da guerra son especialmente duros, pois se verá hostigada polos nazis e verá como o seu nome aparece citado como exemplo de artista bolxevique.
 
                                       Fotomontaxe. 1955
 
 Tras romper con Brugman coñece ao pianista Kurt Matthies, con quen casará e con quen vivirá ata o ano 1942. Ao terminar a contenda renova os contactos co mundo da arte, expondo en modestas mostras de barrio. Interésase polos adiantos da técnica e segue recortando imaxes de revistas e xornais cos que compón obras de tipo orgánico ou semi-abstractas de gran forza visual. A pesar dos seus problemas na vista, continúa as súas fotomontajes, nos que a imaxe da muller aparece tratada de forma irónica e burlona.
É en 1953 cando lle chega o recoñecemento, ao adquirir o MOMA tres obras súas. Despois virán numerosas retrospectivas nos museos máis importantes, como a gran retrospectiva que no ano 1976, fíxolle o Museo de Arte Moderno da Villa de París. A súa vida apagarase en 1978, tras sesenta anos de actividade artística.
 
                                         Grotesque. 1963
 
 
 
 

domingo, 7 de abril de 2013

OBRADOIRO de POESÍA con DORES TEMBRAS

 Neste fin de semana tiven a sorte grazas ao meu amigo Antón Sobral, de participar nun obradoiro intensivo de poesía impartido pola poetisa Dores Tembras : Atraversados. Nove horas para deternos na poesía galega contemporánea, e nas que falamos sobre o proceso de escritura e as posibles ferramentas a empregar. Prantexáronse as preguntas: Por que escribo? Para quen escribo? Tamén falamos do poder de evocacion dos obxectos, da súa carga emocional e do detonante que pode facer xurdir a poesía.
 A verdade e que foi incríble a cantidade de ideas e conceptos que saíron dos exercicios propostos por Dores, para poder trasladar a atmósfera, a pulsión da palabra desde o silencio e para ser quen de levar o noso achegamento á realidade ao papel.
 Deixovos unha fotos do obradoiro, porque en verdade, eu, que emprego a escrita como medio de comunación, non teño palabras.


                                           Dores Tembras e dúas das participantes


                                      Dores, escoitando con atención a lectura dunha poesía

 A miña proposta no obradoiro:

Veu onda ela
e regaloulle o caderno.
As mans
tocárona levemente cando o entregou.
Parecía baleiro
máis non o estaba.
Palabras
escritas unhas sobre outra
nun idioma inintelixible
acaparaban
as 4 primeiras páxinas.
Ela
encheuno logo con máis palabras
con cores
papeis
e fotos.
Ao final e para rematar escribiu:
AMOR.

lunes, 1 de abril de 2013

HANNAH HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte IV)


                          Cut with the Dada Kitchen.1919

Viviu unha longa relación de amizade co tamén dadaísta, Kurt Schwitters, quen reproduce algúns dos debuxos de Höch na súa revista Merz. Confraternizará con Tzara, (a quen coñeceu en París en 1924) Arp, Theo Van Doesburg ou Lazslo Moholi-Nagy, así como con outras figuras influentes da arte.
 

                                     A coqueta. 1923

 O Dadá berlinés moi politizado, emprega a fotomontaxe como medio para criticar a políticos do momento, de feito desde 1923 até entrada a década de 1930, os usos do fotomontaje estendéronse rapidamente ao campo da publicidade e da propaganda política: carteis, portadas de libros, postais, ilustracións de revistas e libros e instalacións expositivas. A combinación de fotomontaje e as novas técnicas tipográficas materializouse en deseños audaces, simples e rechamantes. O fotomontaje político ten un efecto poderoso porque os obxectos que mostra son reais. Montage en alemán significa liña de ensamblaxe e monteur significa mecánico ou enxeñeiro.



                                          Flucht.1931
 
 John Heartfield, o máis recoñecido artista da montaxe fotográfica, adoitaba traballar vestido de obreiro e era coñecido como Monteur Heartfield, en recoñecemento á súa actitude cara á arte. Hanna Höche, dixo respecto  diso: “O noso único propósito era integrar obxectos do mundo das máquinas e a industria no mundo da arte”. A mixtura do humano e o mecánico foi un tema recorrente nas montaxes dos dadaístas berlineses. Despois de todo, a fotografía recoñécese como unha arte onde predominan o uso de máquinas e técnicas mecánicas. O fotomontaxe pertencía ao mundo tecnolóxico, ao mundo da comunicación de masas e da reprodución fotomecánica e esas características interesaron especialmente aos dadaístas. Moitos das primeiras montaxes de Dadá usáronse como portadas e ilustracións de revistas e manifestos do movemento. O seu estilo era anárquico e usaban elementos yuxtapuestos que asemellaban unha páxina de xornal. A partir destes experimentos iniciais, as maiores figuras do fotomontaje Dadá emerxeron con estilos e propósitos diversos.


 


HANNAH HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte III)

                                                        
                                                            
                               A rapaza fermosa.1920

 Fascinada polos avances que experimentaron as mulleres da súa época, Hannah desenvolve a técnica do fotomontaje ao servizo dunha nova concepción do corpo feminino e dos valores de xénero cambiantes no seu país, sempre cun toque de humor e ironía, con figuras humanas nas que os trazos europeos mestúranse cos de culturas exóticas, como a africana ou a xaponesa, aínda que o seu significado difiera outros artistas porque é menos propagandístico. A súa proposta revela a súa radicalidade no emprego das tixeiras e os xogos cos cambios de escala, pois nos seus collages aparecen acumulacións de imaxes inconexas, así como collages realizados con puntillas e patróns de costura, que reciclaba do seu traballo na editorial Ullstein, na que deseñaba tecidos e bordados. Todo iso, sen renunciar á pintura de carácter xeométrico e constructivista.

 



                                 Muller india bailando. 1930

 En 1920, mentres a súa relación con Hausmann íase deteriorando, fuxiu a Italia, onde coñeceu ao círculo de Prampolini, que tamén realizara incursións no Dadaísmo. En 1922 sepárase definitivamente de Hausmann e comeza a expor de forma regular no Novembergruppe, asociación de artistas ligada ao expresionismo, máis que un grupo con selo estilístico común, participando en todas as exposicións que fixeron ata o ano 1931, en  que o  grupo disólvese trala chegada do nazismo.

 
 
Die starken Männer.1931